Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Ledicia para todos
TÍA MANUELA
Pode pasar calquera cousa. E, independentemente do que din ou insinúan as enquisas, algo extraordinario sucederá o día 29 deste mesmo mes no que andamos. Todos queren ganar, pero os votantes desconfían deles, de todos eles. Uns desconfían daqueles e moitos desconfían dos outros, aínda sabendo perfectamente que non son todos iguais. Nin parecidos. Teñen en común, iso si, o apego ao poder os que o teñen a o lícito interese por gañar todas e todos eles, os maleducados e os moi maleducados.
A el, a aquel concelleiro que chegaba á corporación despois de que algún dos integrantes da candidatura ascendera ou se marchara, sempre lle gustou ser servidor público, aconsellar á veciñanza, ensinarlle a interpretar os feitos que acontecen ao seu lado, reforzarlles aos paisanos a necesidade de que os seu fillos medren en liberdade, coa educación, a sanidade e, logo, a xubilación amparadas polo dereito, o salario e o traballo; e a xustiza sempre do lado correcto, sabendo que é un dos poucos recursos cos que poden contar os humildes, tan boa xente, tan persoas, tan listas e, incluso, tan sabias coma calquera.
Moitos andan coa mosca detrás da orella
Moitos andan coa mosca detrás da orella, téñenlle medo a tanta malicia e piden erradicar as campañas de desestabilización, esas que a cidadanía non sabe (non sabemos) de onde veñen, pero reparten medo, amedrentan e poden paralizar calquera proceso, calquera xestión e, obviamente, calquera votación.
Don Farruco, que sempre está pendente e atento a todo, di que pode ocorrer calquera cousa sen que saibamos nada ata o día seguinte. Ou ata que a Deputación Permanente do Congreso realice as pescudas pertinentes. Quen sabe? Nos trescentos trece concellos galegos hai dous mil trescentos sete colexios electorais e tres mil novecentas doce mesas, con once mil setecentos sesenta e seis membros titulares e sete mil oitocentas catorce urnas. O censo electoral supera os dous millóns setecentas trinta e catro mil persoas, das que cerca de setenta e oito mil poderán votar por primeira vez.
Se hai confianza nas persoas que traballan e votan, todo sairá ben
Se hai confianza nas persoas que traballan e votan, todo sairá ben. Como di a Tía Manuela, “se os políticos calaran, podería ser unha xornada de festa e ledicia para todos, na que tamén triunfarían os perdedores”. Amén!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Ledicia para todos
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
29-N: de los trenes de Rubalcaba a los de Puente (Y II)
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Lecturas varias
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
La cocina de la abuela
Lo último
VISITA DEL CONSELLEIRO
Castrelo y Arnoia muestran el futuro de la escuela rural
fomento de la lectura
El Plan Provincial de Lectura se acerca a los 17.000 usuarios en Ourense
CALDEIRAS BALEIRAS
Espadanedo ponlle rostro ás vítimas do machismo