EXPRESIONES ARTÍSTICAS
Xunqueira de Espadanedo reluce con su nueva imagen: nuevos murales y tótems informativos
O Concello de Xunqueira de Espadanedo acollerá o vindeiro sábado 2 de agosto o terceiro encontro do ciclo de conversas “Entre formas e palabras”, incluído no marco do Festival Danza no Claustro e promovido pola Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Industrias Culturais.
Esta iniciativa xira arredor do sector da danza. Estes encontros, que combinan relatorios con actuacións ao vivo, celébranse desde o pasado mes de maio en diferentes localidades galegas.
O encontro, que é de balde, terá lugar no salón de plenos do Concello, ás 11,30 horas, e centrarase na importancia das redes de colaboración no ámbito da danza contemporánea e contará coa participación de Maruxa Salas e Erik Jiménez, coreógrafos e intérpretes da compañía SóLODOS, e impulsores de proxectos referenciais como os festivais SóLODOS en Danza (Ourense e Costa Rica), Danza no Claustro e Danza no Camiño.
Estarán acompañados por Natividad Buil, directora do Festival Trayectos, un espazo pioneiro de danza contemporánea en contextos urbanos. O showcase desta edición correrá a cargo de Clara Ferrao Diz, bailarina, creadora e docente especializada en danza contemporánea.
A conversa estará conducida pola bailarina, coreógrafa e xestora cultural Paula Quintas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXPRESIONES ARTÍSTICAS
Xunqueira de Espadanedo reluce con su nueva imagen: nuevos murales y tótems informativos
Lo último
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Henri Matisse (1869-1954)
PRIMERA PROMOCIÓN DE GRADUADOS
La “lotería” de haber apostado por la IA antes de su estallido
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Nuestra propia experiencia en accidentes ferroviarios