EXPRESIONES ARTÍSTICAS
Xunqueira de Espadanedo reluce con su nueva imagen: nuevos murales y tótems informativos
FESTIVAL MÁS LONXEVO
O ciclo de conversas “Entre formas e palabras”, impulsado pola Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, continuou o seu percorrido con “Tecendo redes”, o terceiro encontro deste programa, que se celebrou o pasado sábado, 2 de agosto, no marco do Festival Danza no Claustro.
Danza no Claustro nace dende a plataforma cultural SóLODOS, coma unha proposta escénica que busca por en valor o patrimonio arquitectónico a través da danza, sendo o máis lonxevo de Galicia. Ca danza como motor cultural, procúrase potenciar a historia, a xente, e a singularidade dos lugares nos que se celebra, apostado por un xeito diferente de ollar a arquitectura a través do movemento.
Esta edición de 2025 chegou ó Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo o pasado sábado 2 de agosto, logo de pasar polo Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil de Nogueira de Ramuín e realizar unha xornada de colaboración co Ciclo de Artes Vivas e Mediación da Casa Vella de Amiadoso, en Allariz.
Durante a programación do sábado estivo incluída esta conversa, que se celebrou no salón de plenos do Concello, e centrouse na importancia das redes de colaboración no ámbito da danza contemporánea.
O encontro contou coa participación de Maruxa Salas e Erik Jiménez, coreógrafos e intérpretes da compañía SóLODOS, e impulsores do Festival Danza no Claustro. A eles sumouse Natividad Buil, directora do prestixioso Festival Trayectos, un espazo pioneiro de danza contemporánea en contextos urbanos. A conversa estivo conducida pola bailarina, coreógrafa e xestora cultural Paula Quintas.
O showcase desta edición correu a cargo de Clara Ferrao Diz, bailarina, creadora e docente especializada en danza contemporánea, cuxo traballo destaca pola súa delicadeza e exploración poética do movemento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXPRESIONES ARTÍSTICAS
Xunqueira de Espadanedo reluce con su nueva imagen: nuevos murales y tótems informativos
Lo último
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
Antibióticos: No malgastar
ELECCIONES GENERALES 29-N
Casi un tercio de los diputados gallegos en el Congreso no repetirán escaño