La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La ansiada paz
"Os reis están felices en moitas cousas, pero sobre todo nesto: poden decir e facer o que lles pete" (Sófocles)
Tamaño rebumbio acadou nos medios de comunicación do establisment hispano, o feito de que algúns parlamentarios non aplaudiran ou vitorearan ao monarca, como nas cortes franquistas. Non era un acto marcadamente parlamentario. Tratábase, unha vez máis, dun acto de adhesión a Coroa, na sede onde reside a soberanía popular, non a soberanía rexia.
Asemellaban as señorías coma se foran invitados a sua propia sede por personal alleo a debandita sede. Invitación que incluía doblar o espiñazo e bicar mans aos recepcionistas rexios. E decir, rendir vasallaxe. Logo, deberían escoitar sentadiños a perorata, para rematar con longos e sonoros aplausos, nunha postura erguida .Qué foi o que dixo pra tanta algarabía dos presentes da mayoría parlamentaria e nos medios de comunicación con tanta loubanza?
Pois, coma sempre, leer un discurso feito dende o goberno. Un recital de vaguedades, medias verdades ou falacias. Dixo ca crise da gobernabilidade resolveuse con diálogo, responsabilidade e xenerosidade. Se a iso chegouse foi que aquelas forzas que na campaña electoral non farían gobernar ao PP, por activa e por pasiva, fixeronno enganando a incautos electores. Falóu que a corrupción estase combatindo con firmeza e que pronto será pretétrito. Tanta firmeza se combate que moitos corruptos podianse ver saudando na entrada e logo aplaudindo. Non se sonroxou cando afirmou que a supremacía da lei en democracia asegura a igualdade de todos os ciudadáns. Ou sexa, que supoño que tamen poderemos gozar da sua inviolabilidad civil e penal, e podererán as nosas mulleress parir fillos que poidan conquerir a xefatura do Estado. E dixo máis cousas tan repetitivas coma as que xa diixera seu pai no Congreso ou no seu descursos soporoferos do Nadal, que se poden atopar nas hemerotecas.
A miña sangue é roxa coma a da sua maxestade. Eu non o elexín. A Constitución foi o trágala perro inverso na Transición. Agora sai a luz unha consersa televisiva, agochada dende 1995, con Adolfo Suárez, na que o político, dí que veuse na obriga dos sables e a oligarquía, de incluir a Monarquía na Lei de Reforma Politica do ano 1977, aprobada polos franquistas. As enquisas daban un apoio maioritario a república. Aquela lei da reforma, ataba a Constitución no senso de otorgarlle a Monarquía o estatus de Xefatura do Estado hereditaria. Aquela lei polo que se poido ver, tivo forza de referéndum. Vaia home, tarde piache, Adolfo! Caro lector, se a censura mediática permite este texto, desexoche saúde e República!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La ansiada paz
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Don erre que erre
La Región
ETA: el refugio de los mediocres
La Región
Basta xa!
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 11 de abril
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 11 de abril