La Región
El desgaste de la democracia
A profesora e investigadora viguesa Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, unha das máis importantes especialistas na obra de Rosalía de Castro, faleceu onte en Vigo, cidade onde nacera en 1961. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago, Álvarez realizou destacados descubrimentos ao redor da obra e a biografía de Rosalía de Castro, á que dedicou a maior parte dos seus estudos, investigacións e publicacións. Tamén realizou unha importante divulgación da obra rosaliana entre os nenos, con “Rosalía de Castro para nenos”.
Ademais da Rosalía, tamén dedicou parte dos seus estudos á vida e obra de Eduardo Blanco Amor, de quen recompilou nun libro todas as entrevistas que se lle fixeron e de cuxa fundación foi nomeada patroa. Tamén destacou o seu estudo sobre a correspondencia entre Blanco Amor e Manuel Azaña.
Álvarez Ruiz de Ojeda estaba casada con Xesús Alonso Montero, expresidente da Real Academia Galega de Lingua.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CON ACENTO GALLEGO
El color azul del Atila predominó en el Nacional de lucha
2,53% MEDIA DEL EURIBOR
Gráfico | La guerra de Irán encarece las hipotecas tras dos años de alivio