Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Una mierda de Nochevieja
En fin, este ano 2014 é o douscentos cincuenta aniversario –direillo en cardinal como se fose o cuarto ou o quinto: ducentésimo quincuaxésimo aniversario- da morte de Frei Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro. Así que lle vou dar un par de ideas baratiñas ao excelentísimo concello. Se cadra co mesmo resultado que a de podar as árbores para deixarnos ver a estatua. Na nosa Casa Grande da Praza Maior entretéñense máis que coas páxinas de colaboradores deste xornal que lle sopramos cousas á orella, con esas cousas de xuíces, faltas de xuízo, discolidades, préstamos para cornos, sobres que se ripan ou non, etc. E neses temas, perdoen, escasea a "ilustración".
En fin, que como é a data que é, cómpre ter algo de lembranza co sabio ilustrado; o intelectual máis importante da España do momento. Imos ao tema.
Unha das parvadas -hai varias- que poñen os letreiros novos dos nomes das rúas refírese ao Padre Feijoo. Cousas de protocolo e ilustración, ás veces, malas de casar. Explícome. Se vostedes din que Castelao naceu en Coruña; Curros, en Ourense, ou que Roberto Verino ten adegas en Ourense, vale. Pero se afirman que Castelao naceu en Rianxo, Curros en Celanova e Roberto Verino é adegueiro en Verín, concordarán en que está mal que o Concello reduza, no letreiro posto ao enfronte da Viuda, ao Padre Feijóo a mero "difusor da ciencia e pensamento europeo" e, sobre todo, que diga que é "nado en Ourense" cando todos –cría eu- sabemos que viu a luz en Casdemiro, parroquia de Melias, concello do Pereiro. Ademais, a denominación de "Jardinillos del Padre Feijoo" nunca foi -nin é- oficial, aínda que sexa a popular para a praza de Euxenio Montes. En fin, o letreiro está mal e cumpría arranxar o tema.
A outra meción urbana do crego vén da rúa que leva o seu nome, onda o Instituto Otero Pedrayo. Foi aberta a mediados do XIX en terreos doados pola familia Valencia e ao principio, de seu, os veciños deron en chamarlle "Calle Ancha". Na reforma do nomenclator de 1861 outorgóuselle o nome de "Calle del Padre Feijoo". Pero nunca tivo placa digna; na actualidade só dúas feuquiñas de granito con letras de latón pegadas nas que pon "Rúa Xerónimo Feixoo" onde esquecen, ademais, do primeiro nome, Benito, a dignidade eclesiástica que vai ligada á súa persoa. E se o Concello outra cousa non fai polo Padre Feijoo -tan amado polos cultos munícipes do XIX, que erguían estatuas exemplificadoras de prohomes e promulleres da ciencia e cultura, e non de homenaxes a tan dignos como simples oficios populares, como leiteiras, castañeiras, etc.-, podía, digo, encargar unha placa de bronce bonita, como a de Lamas Carbajal, de Malingre, e colocala nunha parede da rúa Padre Feijoo o día que se cumpra o aniversario da morte. En setembro. Escultores en bronce hainos e bos. Non é caro e dá tempo. E ser, élles moito máis ca nada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Una mierda de Nochevieja
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Unha próxima e antiga representación dos Reis Magos
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Acha-lo tempo pensado
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Apuntes, políticos, de Venezuela
Lo último
INVADIÓ EL CARRIL CONTRARIO
Lo acusan de saltarse un control de la Guardia Civil al no tener carnet en Ourense
UNA MÁQUINA DE GUERRA
Un desafío como una catedral para el COB
LA PRIMERA DIVISIÓN
El Ontime no quiere fallar
16:00 EN EL TORALÍN
El Ourense CF quiere aprovechar el mal momento de la Ponferradina