Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Una mierda de Nochevieja
O8 de outubro de 1876, cando se inaugurou a estatua do Padre Feijoo, da autoría de Juan Soler y Dalmau, a cidade foi unha festa. Trataba de converterse nunha urbe moderna e erguer clásicas esculturas de bronce nas que aparecesen os próceres máis destacados. Houbo exposicións de produtos rexionais, artigos históricos en El Heraldo Gallego, un certame literario que gañou a Pardo Bazán E agora que o penso, paréceme boa cousa que se empezase por dúas persoas da cultura (logo veu Concepción Arenal en 1898) e que non haxa estatuas, con todos os meus respectos, de militares ou políticos. E logo seguiron Lamas Carvajal, Prado Lameiro, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Ferro Couselo, Rey de Viana Ou de cidadáns queridos e admirados polos veciños, tipo o doutor Gallego, Lalao Reverter ou os párrocos do Couto ou das Caldas.
Hai uns preciosos gravados do día da inauguración onde se ve que non estaba construído o Simeón, que pegaba o sol de raios, polos paraugas da xente, e un par de detalles máis. A praza onde se puxo a obra, chamouse Isabel a Católica desde o ano 1861 ata que lle puxeron o nome de Eugenio Montes nos anos corenta ou cincuenta do XX ten a placa no edificio da Coruñesa- e baixaron a Isabel a Católica á canella dos retretes. Aínda así, como vostedes saben, impúxose a denominación popular, nunca oficial e nunca en placa ata hai uns días, de Jardinillos del Padre Feijoo. En fin, que a tal praza era máis ou menos igual ca hoxe pero máis grande: remataba nun muro redondeado que avanzaba fronte á Fonte do Rei. Ou sexa, non había a escaleira monumental e entrábase pola esquina de arriba, por onde segue entrando a maioría da xente, pois as escaleiras tenden a ser antipáticas.
E sinalo isto porque creo que este entrañable recuncho urbano, máis de cen anos despois, merecía unha voltiña. Explícome. O enlousado da rúa está perfecto aínda cheirando as canalizacións no verán-, a Coruñesa puxo unhas terrazas atractivas, o edificio Simeón é centro de vida cultural, pero alí, os xardiniños deviñeron en lugar escuro, pouco usado e sen o fotógrafo de cando eramos nenos. Un dos impedimentos maiores é que as árbores non deixan ver ao sabio Feijóo. Cómprelles unha poda de sete estralos. E mesmo as verxas ao redor da estatua, obra de Antonio Ferreiro Anta, hoxe comen demasiada superficie. Por que non sacalas e permitir que os nenos se senten no pedestal? E xa postos, por que non meterlle auga á Fonte do Rei? O lugar é emblemático para as liberdades do cidade fronte ao poder do bispado. Lembremos que antes se chamou Fonte do Bispo e que os coéngos protestaron en 1602 cando os veciños lle chamaron, pola nova, Fonte do Rei. En calquera caso, as fontes deben dar auga.
E pódese facer ben antes do 250 aniversario da morte do de Casdemiro, en setembro 2014. A cousa non parece complicada: unha pouca motoserra ben administrada e unha mañá de traballo dunha brigada para levar a reixa ao almacén. Seguro que axiña aparecía onde reutilizala. En lugar público e cidadán, claro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Una mierda de Nochevieja
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Unha próxima e antiga representación dos Reis Magos
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Acha-lo tempo pensado
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Apuntes, políticos, de Venezuela
Lo último
INVADIÓ EL CARRIL CONTRARIO
Lo acusan de saltarse un control de la Guardia Civil al no tener carnet en Ourense
UNA MÁQUINA DE GUERRA
Un desafío como una catedral para el COB
LA PRIMERA DIVISIÓN
El Ontime no quiere fallar
16:00 EN EL TORALÍN
El Ourense CF quiere aprovechar el mal momento de la Ponferradina