Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
Moito ten chovido, e non só auga, dende que Xulio Gil, fixera o seu debut en Santiago en 1974. Porque o seu non é o foto periodismo, o acontecemento, a reportaxe ou a natureza, senón a innovación temática, coas ideas a rebulir dende a polisemia material e espiritual do noso País Atlántico, Galicia. O seu alancar faino ser un pioneiro cando é premiado pola Deputación de Pontevedra, en 1985, igualdade coa pintura e escultura.
En Compostela atopa o seu lugar ao redor da Prehistoria, e as artes románica e barroca, reinvención persoal, da que xurde ‘Petróglifos de Galicia’ (con Antonio de la Peña, 2009).
En paralelo, o mundo feminino e un vocabulario, núas ou espidas, soas ou acompañadas, sen desbotar o masculino masculino, en parella, ou tamén só: as matemáticas da súa vida de docente, tempos de xuventude e folie. Así xurde ‘Tigres como cabalos’ (1991) coa poetisa Xela Arias, experimento rompedor que trae, en parte a Ourense. Profesor no Instituto Álvaro Cunqueiro de Vigo, cidade da súa infancia e adolescencia, creatividade explosiva con retratos e nús (Casa da Cultura, ’87), e ‘Antropolóxicas’ (Pontevedra ’88), a primeira nun Museo dun fotógrafo contemporáneo galego.
E tamén o foi no firmar o libro ‘Vigo, fronteira do Alén’ con Méndez Ferrín (1989), ourensáns e docentes ámbolos dous na cidade, Xulio do Viñal (Santo Estevo de Ambía, Baños de Molgas). A teimosía de Bieito Ledo, como editor, que creeu nel, fixo o resto. Outros libros con Carlos Casares, Gª Iglesias e Lois Diéguez, o patrimonio cultural material do País para varias editoriais, as participacións no Outono Fotográfico, e diversas exposicións, teñen o recoñecemento do Premio da Crítica de Galicia, en 2013.
Esta do Centro Cultural, na súa sala principal, é un compendio da súa sapiencia compositiva e técnica, xa anticipada na capela dos Arcos en Alterarte. Na parede frontal coloca dez Diálogos entre artistas, a maioría mortos, como Xaime Quesada/ AntonioQuesada; e outros nos que se funde coa senectude, como Sucasas/ Arturo Baltar, Isaac DíazPardo/AntónPulido; VidalSouto/Aramburu ou FelipeCriado/ Alexandro. Son unha achega dun corpus maior. E coa maxia da buxaina e os bailarín no centro con ‘Trompos’ , de 2008, baile-xogo en off, do Homo ludens que somos, subimos ao balcón onde están os Nus/espidos, marabillosos de suxestións, mais plenos de concepto e significado nús, todo en branco e negro. E con eles, de cores, os retablos, nas paredes que dan á rúa da Cruz Vermella: da Uva, da Castaña, que son o ciclo do val e do monte na Ribeira Sacra; o do Millo, e o do Pan de Cea, que personifica na panadeira, María José.
O cumio é ‘A fartura ou o Ourense das tres cousas’, aggiornamento da tradición, coas patadas no ático do retablo. Xulio, do que teño escrito que é tan de Vigo que naceu en Ourense, frase que se podería aplicar a Ledo, a Pulido,... cociña agora os seus proxectos dende unha ética de volta, liberadora sempre, apostando por ese punto de risco que lle da sentido á vida, dende distintas linguaxes, mais comunicando dende a reflexión emocións e sentimentos singulares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil