Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
O AFIADOR
Ás veces parece que vivimos nun mundo de listos que para selo precisan do beneplácito ou a pasividade de quenes pagan. Agora, por exemplo, está empezando a organización de festas de fin de curso para alumnos que rematan o bacharelato que, xunto co fin de ano, vén a significar a porta de entrada ao mundo dos adultos, pola coincidencia ou proximidade dos 18 anos que dan a maioría de idade.
Como a tendencia ten posibilidades de derivar en tradición, a cousa avanza e vaise sofisticando de xeito que a preocupación da rapazada para argallar a festa de tan significada efeméride que lles xera altas expectativas, coa supervisión, tutela ou implicación dalgunhos pais, pasamos a que un promotor asuma canto conleva o evento e os alumnos se limiten a pagar a esta persoa o importe fixado, que terá todo disposto para o disfrute xeral.
Si se rexistrase algún incidente, quen asumirá a responsabilidade do que alí suceda, sobre todo si a titularidade do local é allea ou ten delegada unha ou varias das actividades que concurran na festa?
De ser certa a idea que se está espallando sobre a concepción dun deses acontecementos previstos para cando remate o curso -e ten visos de verosimilitude pola firmeza e coincidencia nos datos, cifras e modus operandi da organización-, invita a botarlle unha pensada, cando menos. A cousa é que o tal promotor planifica todo, previa inscrición e abono de 75 euros en man -diñeiro negro- por cabeza, contra un recibo privado, entre quenes queiran asistir: contrata o local ou espazo da celebración, música posterior e barra libre de bebidas -alcohol incluido- durante varias horas.
Tendo en conta que terá lugar na metade do ano, é posible que unha parte considerable dos potenciais participantes non teña acadada a maioría de idade imprescindible para ter vedado o consumo de bebidas alcohólicas. Deixarase fóra a quenes non teñan cumplidos os 18 anos? Si non é así e se concede libre acceso, quen e como fará ese control no interior? Si se rexistrase algún incidente, quen asumirá a responsabilidade do que alí suceda, sobre todo si a titularidade do local é allea ou ten delegada unha ou varias das actividades que concurran na festa?
Hai anos xerouse un escenario semellante, con algún espabilado de por medio, que organizaba a festa de fin de ano para xente nova nun local do Casco Vello: diñeiro opaco e nula seguridade nin control sobre o acceso ao alcohol. A reacción de pais e nais naquela ocasión obrigou ao responsable a retirar a bebida con graduación alcohólica para que os menores adquiriran dereito a disfrutar dunha festa tan desexada, semellante a estas que marcan o remate dunha etapa estudiantil e vital. Igual deberíamos extremar coidados para evitar lamentar algo irreparable que, tal vez, tiña solución.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”