Noemí Vázquez, capitana da Arca de Noe
entrevista - vida
Noemí Vázquez é unha desas mozas aguerridas que buscou poñer en marcha un dos seus soños, lonxe das urbes, en Vilar de Santos, e converterse na capitana de A Arca da Noe para achegar a cultura ao rural. Hoxe en día, o espacio é un referente na provincia ao que acudir a gozar de diferentes actividades culturais
A Arca da Noe é unha taberna cultural ubicada en Vilar de Santos, A Limia. Un local con encanto que enche de vida e actividade este espacio rural da comarca da Limia e que segue a gañar adeptos co paso do tempo. Os que ata alí se achegan, ademais de desfrutar dun viño, beber unha cervexa artesá ou comer unha hamburguesa de carne local, pode asistir a un bo concerto ou unha sesión de contacontos; ver unha exposición ou asistir a clases de percusión tradicional galega. A vindeira semana (días 2 e 4) celebran o seu quinto aniversario cun atractivo cartaz musical.
Todo ten un comezo, como comezou a travesía de A Arca da Noe?
Quería que fose unha taberna das de antes, onde cantar, tocar, comer algo rico, falar... Un dos meus referentes foi a “Taberna do Xico” (agora da “Lola”) en Mandín, un deses locais marabillosos que ainda existe. Considerei que tamén quería acrecentar actividade cultural, porque para min é fundamental promover a cultural galega xa que desde nova formo parte de asociacións culturais e linguísticas.
Cal é a s
úa filosofía?
A miña intención é crear un bo ambiente dentro do local. Tento que a Arca sexa un espacio de encontro interxeracional, entre persoas pertencentes ao mundo rural e ao urbano, de diferentes opcións ideolóxicas, linguísticas, sociais... É fundamental evitar calquera tipo de discriminación de xénero ou de opción sexual.
Por outra parte, procuro que haxa um ambiente de respeto coas actuacións dos e das artistas, que se sintan valorizadas polo que fan.
Ofrece unha programación variada e para todos os públicos, e dende o rural, como se consegue?
Com moito esforzo, implicación e a colaboración de persoas arredor da Arca que me axudan. Tamén a vontade dos músicos que queren vir e propoñen as súas actividades. Subliñar que, por exemplo, ata decembro deste ano xa temos pechada unha axenda con dous concertos cada fin de semana.
E esa axenda acolle claramente a fusión de Galicia e Portugal, e como non, Brasil...
A miña programación ten intención lusófona, mais non só. Non se desbotan proxectos artísticos de calquera parte do mundo e en calquera outra lingua.
Volvendo a súa ubicación no rural, é complicado levar a cabo este tipo de proxectos?
Onde non é complicado levar hoxe en día adiantee un proxecto cultural rendible económicamente en Galicia? E destas ca
racterísticas máis. A nível económico implica maiores riscos que abrir un espazo deste tipo nunha cidade ou vila. Aqui ven os clientes de pé feito, non é un lugar de paso. E se veñen, é que algo estamos facendo ben.
Tamén un espacio alonxado das urbes ten unha manchea de cousas a favor, como animaría a dar pulo a iniciativas no eido rural á xuventude?
Os soños están para se cumprir, pero primeiro hai que analizar, e unha vez postos a andar desenvolvelos con moita constancia e traballo.
E os veciños? Que din os veciños de A Arca da Noe?
É para eles un espaico de reunión, e os días que pecho, botan de menos que esté aberta. Ademais, a reconstrución do edificio é tamén unha nova vida que se lle da. Na Arca xuntáronse dúas casas que tamén formaba parte do día a día dos veciños e que as vían caídas. Unha delas era a do Evaristo cesteiro, que facía cestos, corazas, polainas de xuncos na propia casa, e a outra parte do local era da familia materna dos Taboada, na parte de abaixo tiñan bois e vacas e na de cima dormían. E agora recobrou vida en forma de taberna cultural.
Que bota en falta para un mellor desenrolo?
Maior consciencia política en todos os ámbitos de que estamos ante a última oportunidade de revitalizar as comarcas do interior da Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
Jacinto Seara
Promesas electorales
CUMBRE DEL CLIMA
Arranca la COP31 en Turquía tras varias crisis climáticas
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La huelga general ¿causa o consecuencia?
PERSONAL IMPRESCINDIBLE
O Barco fija los servicios mínimos para la huelga del 11-N