Saída de vía en Outeiro de Orraca, Allariz, sen danos persoais

Acudiron ao lugar Protección Civil de Allariz e a Garda Civil de Tráfico

Publicado: 18 may 2021 - 17:58 Actualizado: 18 may 2021 - 20:47

Ata o lugar desprazaronse efectivos da Garda Civil e Protección Civil de Allariz.
Ata o lugar desprazaronse efectivos da Garda Civil e Protección Civil de Allariz.

Susto a primeira hora desta tarde na OU-320 (punto quilométrico 12) no termo de Outeiro de Orraca, en Allariz, logo dunha salida de vía dun turismo no que viaxaban catro ocupantes.

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, pero o vehículo quedou prácticamente destrozado.

Ata o lugar desprazouse Protección Civil de Allariz e a Garda Civil de Tráfico, que nestes intres aínda traballan no lugar do suceso. Non foi necesario prestar asistencia médica, xa que os catro viaxantes marcharon polo seu propio pé.

Contenido patrocinado

stats