Francisco García: “Por en valor o pasado medieval é unha asignatura pendente para nós"
BNG-ALLARIZ
O Hotel AC acolleu onte a presentación da candidatura do BNG en Allariz para as eleccións locais, a derradeira que presidirá Fransico García
O Hotel AC acolleu onte a presentación da candidatura do BNG en Allariz para as eleccións locais, a derradeira que presidirá Fransico García, tal e como adiantou La Región.
Como tomaron os veciños o anuncio de que esta será a súa derradeira etapa ao fronte do BNG?
Con naturalidade. O importante, e os veciños son conscientes, e que en Allariz hai un proxecto municipal nacionalista contrastado dende fai moitos anos e que ten demostrado na práctica a importancia e vitalidade.Eu mesmo asumo esta nova etapa con ilusión e, de aquí ás próximas eleccións, hai tempo para dar os pasos necesarios para a renovación.
Quen o acompaña nesta etapa?
Temos unha mistura entre os que xa temos algúns anos de experiencia e caras novas, procedentes doutros ámbitos laborais que nos van a aportar sabia nova, coa idea sempre de funcionar con un equipo. Afrontamos un novo mandato ca premisa de ilusión e paixón por Allariz que sempre caracterizou o BNG.
Por motivos persoais deixará a primeira liña Pilar Gallego, persoa ilustrativa desa política de implicación no eido social. Un exemplo de proximidade, de vocación ao servizo do pobo. E, entre as caras novas destacan Alberto Conde, traballador incansable na organización da Festa do Boi e, dende o eido da sanidade, chega Maribel Poisa.
Cales son os plans de futuro?
Avanzar na posta en valor dos nosos recursos especialmente os vinculados co medio rural, mellorar a rede de servizos públicos, incrementar a capacidade comercial e consolidación da marca Allariz. Queremos seguir apostando polo polígono de Chorente coa oferta de aluguer con opción a compra e apoio ao sector servizos e turístico. En canto as infraestruturas, para nós por en valor o pasado medieval é unha asignatura pendente e que completaría a oferta museística e a capacidade de atracción. Na mellora dos servizos e equipamentos, e co obxectivo de darlle un uso máis intensivo, postamos por reconverter o campo de fútbol de O Seixo nun campo de herba sintética.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
Manuel Baltar
Moreno versus Montero
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
La cara oculta de la Luna
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La ansiada paz