O actor e humorista David Amor recibe en Allariz o Premio RiR Contigo
FESTIVAL DE CURTAS
O Festival RiR de curtametraxes de comedia de Allariz despediu a súa novena edición coa homenaxe ao actor David Amor e o anuncio do palmarés completo de gañadores
A Casa da Cultura de Allariz acolleu a gala de clausura da novena edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RiR. O momento máis destacado da cerimonia foi a entrega do Premio RiR Contigo ao actor e humorista David Amor pola súa longa traxectoria e a súa constante vinculación co mundo do humor.
Durante a gala desvelouse tamén o palmarés do certame, encabezado polo Premio do Público á curtametraxe “En Toronto no pasan estas cosas”, de Manolo Orellana. O galardón á mellor curta de ficción recaeu en “Le doute”, de Sara Rosenberg, mentres que a peza “Pobre Marciano”, de Álex Rey, fixo dobrete ao conseguir o premio á mellor curta de animación e o premio Cruz Risco ao mellor guión.
Por outra banda, o recoñecemento á mellor curta documental foi para “El Bahía”, de Andrea Bilbao, e “La Garita”, de Daniel Arias, acadou unha mención especial do xurado. Ademais, o premio á mellor dirección recaeu en Pablo Larcuen por “Caminé a través de la pared”, e a mellor interpretación foi para Yago Casariego polo seu papel en “Está detrás de mí”.
Masterclass
A última xornada do Festival RiR tamén deixou espazo para unha presentación literaria, a da novela épica “As malas ideas” da autora María Solar, unha sesión vermú amenizada por Tonhito de Poi, e máis unha “masterclass” de análise cinematográfica na Aula Cantarela baixo o nome “Autores e filmes para amar mellor a comedia”, a cargo do xornalista Carlos Gurpegui.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
POESÍA NA VILA
Versos e música tomarán as rúas de Allariz no XI Poemagosto
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 23 de octubre?
ACABA CON LA LACTOSA
La ciencia descubre en el agua de As Burgas enzimas que pueden mejorar la leche