POESÍA NA VILA
Versos e música tomarán as rúas de Allariz no XI Poemagosto
PLAN FAMILIAR
O ilusionista ourensán Mago Teto, con máis de tres décadas de traxectoria sobre os escenarios, fará parada en Allariz co seu espectáculo “GaleRock’N’Magic” o vindeiro venres 11 de setembro. A cita terá lugar ás 19,00 horas na Casa da Cultura e contará con entrada de balde.
A proposta, impulsada pola Xunta no marco do programa “O teu Xacobeo”, combina o ilusionismo coa historia do rock galego dos anos 80 e 90, dende as sintonías do Xabarín Club e o movemento bravú ata bandas míticas como Los Suaves ou Siniestro Total, sen esquecerse dos referentes que protagonizan a escena actual do xénero.
Acompañado no escenario pola música en directo dos artistas Mr. Cool e Fer Risco, desta vez o Mago Teto propón un percorrido cheo de humor e efectos máxicos pensado para público de tódalas idades, de forma que toda a familia poida desfrutar xunta deste espectáculo.
Ao remate da actuación, terá lugar un coloquio no que parte do elenco e diversos músicos compartirán reflexións sobre a situación actual das artes escénicas e musicais no ámbito local.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POESÍA NA VILA
Versos e música tomarán as rúas de Allariz no XI Poemagosto
PLAN *BEN_ESTAR*
El pabellón del instituto alaricano estrena cubierta
APOIO E RESPETO
Allariz festexa aos maiores con actividades en comunidade
Lo último