MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
6 DE SETEMBRO
O Concello de Allariz prepárase para acoller unha nova edición do Mercado de Artesanía ‘Arte de Man’, un evento que ten como firme obxectivo pór en valor o traballo feito a man, o talento e a creatividade. A cita, xa plenamente consolidada no calendario cultural do municipio, terá lugar o vindeiro domingo 6 de setembro.
A edición deste ano congregará unha coidada selección con máis de vinte propostas que abranguen desde as disciplinas máis tradicionais ata a artesanía contemporánea e de deseño.
Entre os múltiples participantes destacan as creacións de Olería do Batán, Mor Talla, I3D Deseño Galego, os traballos téxtiles de Xogo de Fios, ou os demandados xabóns artesanais con leite de burra de ANDREA e Feitizosoaps, xunto a moitos outros profesionais. Ademais da área de venda, a xornada contará cunha exhibición técnica en directo do oficio de zapateiro a cargo de Calzados Meire Artesáns, que amosará o seu minucioso proceso de traballo sen venda directa ao público.
Para complementar a oferta lúdica e comercial, o mercado incluirá unha dinámica programación paralela.
Ás 17:30 horas desenvolverase un obradoiro gratuíto de creación con flores secas dirixido a maiores de seis anos e con prazas limitadas por estrita orde de chegada.
O ambiente festivo polas rúas da vila completarase con animación musical: o grupo SoLaSol actuará ao mediodía, ás 12,00 horas, mentres que as Pandereteiras As Miñeiras tomarán a testemuña pola tarde, a partir das 17,00 horas. Con esta nova iniciativa, a vila reafirma o seu forte compromiso coa promoción do comercio de proximidade e a dinamización cultural do seu núcleo histórico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tragedia en Zamora: mueren dos adultos y dos menores en una salida de vía en Malva
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy domingo, 1 de noviembre
DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525