Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Alemania, un toque atención para todos
A convocatoria dos Premios Peña Novo cumpre trinta anos. Unha iniciativa promovida por un grupo de funcionarios/as locais, neste caso do Concello de Redondela, integrados no Colectivo Galeguizar Galicia, que tanto ten contribuído a dinamizar o fomento da lingua galega nas administracións públicas e outras esferas sociais. Este trixésimo aniversario evidencia algo que afirmamos o día que decidimos rescatar a memoria do intelectual galeguista máis lúcido do seu tempo para apadriñar as honras que se lles fan a todas aquelas persoas e entidades que son merecentes delas.
Como adoita acontecer, algúns apresuráronse a poñerlle data de caducidade a aquela idea que se escenificou por primeira vez no castelo de Soutomaior; razóns non lles faltaban, porque son contadas as iniciativas que teñen continuidade tan longa no tempo. Este prodixio foi posible grazas ao entusiasmo dese grupo de funcionarios/as municipais no que sobrancea o intelixente activismo de Carme Vaquero. Trinta convocatorias que foron espertando o interese en milleiros de persoas que acudiron ás sucesivas celebracións. Este ano, o acto celebrarase o próximo día 2 de xullo ás 19:00 horas en Redondela, na Casona da Torre, por mor das obras que se están a facer no castelo de Soutomaior.
Se facemos un balance das edicións precedentes, a conclusión é que foron escollidas as mellores propostas en cadanseu momento. Referentes persoais, sociais e institucionais que afincan a identidade galega. Nesta edición o xurado, que estivo presidido pola fiscal superior de Galicia, Carme Eiró, acordou premiar a dúas persoas sobranceiras da nosa cultura e unha entidade deportiva de notable influencia social.
O xurado valorou unha obra sólida e continuada con títulos fundamentais que fixeron visibles figuras femininas esquecidas e contribuíron á normalización da lingua galega
Un, a Xosé Manuel Beiras, pola súa longa, coherente e exemplar traxectoria a prol da dignificación de Galicia ao longo da súa dilatada vida. A través da súa obra, do seu labor docente, da súa presenza institucional e do seu maxisterio brillante e constante no debate público convertendo a nosa lingua nunha ferramenta de pensamento, ciencia económica, reflexión política e compromiso social. O xurado valorou especialmente a súa participación en proxectos como a Revista de Economía de Galicia e a súa extensa obra publicada, nomeadamente “O atraso económico de Galicia”, referencia esencial para a análise crítica e interpretación da realidade galega.
Outro, a Aurora Marco López, profesora universitaria, investigadora e escritora recoñecida polo seu amplo labor no estudo da historia de Galicia. Pola súa contribución decisiva facendo visibles figuras femininas esquecidas ou marxinadas pola historia oficial, e polo compromiso constante coa lingua galega. O xurado valorou unha obra sólida e continuada con títulos fundamentais como o “Dicionario de mulleres galegas”, “Mulleres na guerrilla antifranquista galega”, “Elas” ou “Irmandiñas”. Marco, malia non ser galega, agasallounos coa súa afervoada integración no país, escribindo, falando e pensando en galego.
Ademais, ao Servizo de Comunicación do Real Club Celta de Vigo, pola incorporación da lingua galega nun ámbito de enorme repercusión social como é o fútbol profesional, contribuíndo á normalización lingüística, levando o noso idioma a espazos de máxima visibilidade O xurado valorou positivamente o uso da lingua galega na comunicación corporativa, nos encontros deportivos, nas ferramentas dixitais na aplicación oficial, redes sociais e na relación cos siareiros; nomeadamente entre a mocidade, as familias e a comunicación dixital, salientando a súa capacidade para asociar o galego á emoción deportiva.
Un ano máis, os Premios L. Peña Novo recoñecen ás persoas e entidades que co seu esforzo fan que acrecenten a autoestima e conciencia de galeguidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Alemania, un toque atención para todos
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Tres niños colombianos
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El mensaje de las viejas farolas del Puente romano
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
El final de una era
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy martes, 9 de septiembre
MIRADA MULLERES +60
La CEO busca integrar el talento sénior y combatir el edadismo