VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
ENTREVISTA
Tras a reunión dos concellos da comarca de Monterrei coa Consellería de Infraestruturas e a Confederación Hidrográfica do Duero este mes, constituirase un grupo de traballo para presentar un proxecto ambiental aos fondos Next Generation. O obxectivo? Un cambio radical no sistema de augas da comarca. Gerardo Seoane, alcalde de Verín explica as necesidades da actuación.
Estamos ante un cambio total?
É necesario un cambio radical: estamos nunha comarca que pode chegar a unha poboación de 27.000 persoas. Neste intre, tendo en conta o cambio climático, as propias directrices da Unión Europea, xunto coas necesidades dunha poboación envellecida, é necesario reformular o ciclo da auga completo na nosa comarca: tanto os sistemas de captación -con máis de 200 puntos- como as redes de distribución -cunha execución moi deficiente- e cun sistema de depuración practicamente inexistente. Necesitamos un cambio radical.
Cal é o obxectivo da creación dese grupo de traballo?
Xerar unha masa crítica de xeito que teñamos opción de acadar fondos Next Generation. Non é o mesmo amosar un problema dun pobo de 1.000 habitantes que dun conxunto de 27.000. Nin é o mesmo optar un concello a un proxecto que optar nove concellos, acompañados pola Consellería e pola Confederación: a cadea de mando completa nun territorio. Supón crear un grupo serio formado polas tres administracións: local, autonómica e central.
Este será, probablemente, o proxecto ambiental máis importante do sur de Galicia no século XXI
Por que aos fondos Next Generation?
Queremos sumarnos á idea global de Reestruturación e Resiliencia, onde todos xuntos temos unha oportunidade de acceder aos fondos. É unha oportunidade única: ao longo de 2023 escoitaremos falar de cantidades fabulosas, de millóns de euros para as máis diversas políticas públicas. Os proxectos tractores de sostibilidade medioambiental serán uns deles. Por iso fago un chamamento a traballar todos xuntos, por primeira vez, e por riba de cores políticas e localismos. Temos que consolidar en serio a idea dun grupo de traballo eficaz para conseguir un bo proxecto que acade a financiación necesaria. E en tempo récord.
Cales son os puntos fortes da comarca?
A unidade da comarca, con 27.000 habitantes e 1.280 quilómetros cadrados no sur de Galicia, onde se pretende unha xestión propia do século XXI dun recurso natural tan importante como é a auga no noso territorio. Será, probablemente, o proxecto ambiental máis importante do sur de Galicia no século XXI: abrangue o ciclo da auga dende un parque natural -O Invernadeiro- ata a Zona Especial de Conservación das Veigas do Támega e a fronteira con Portugal.
Que se propón no abastecemento e saneamento?
A idea dun abastecemento unitario, a través dunha soa fonte, como un embalse da montaña -ou outras alternativas como captacións en Baldriz ou Fontefría-, de xeito que se cree unha rede única na que poida haber un control de calidade adecuado. En canto ás redes de saneamento, as actuais foron realizadas dun xeito precario, hai que renovalas. Cada concello debe revisar ás súas redes e trazar un plan de renovación.
Non é o mesmo amosar un problema dun pobo de mil habitantes que dun conxunto de 27.000
En en canto á depuración?
A depuración é o tema máis deficiente que temos neste momento. Require practicamente comezar de cero. Hai multitude de fosas sépticas que non se limpan, mini depuradoras ineficientes e a depuradora de Verín coa capacidade desbordada. Este sistema debe ser revisado e actualizado cun criterio único, aplicando as novas tecnoloxías e devolver ao río a auga nas condicións que esixe a lei. Neste caso sería necesario tamén que cada concello aportase os proxectos que sexan necesarios, en Verín xa temos formulada a reforma da nosa Edar -depuradora-, así como outras novas pequenas para incluír neste proxecto.
Ademais, en Verín xa avanzarán nalgunha actuación.
Si, o Concello vai iniciar con recursos propios tres accións importantes: eliminar o colector norte no que construiremos unha alternativa sen filtracións, licitaremos unha depuradora nova no Matadoiro e renovaremos as máquinas básicas da Edar co obxectivo de que a finais de verán se poida cumprir a autorización de vertido. Temos outros proxectos, que incluiremos neste grupo de traballo, como o plan director do Támega, onde actuaremos na zona urbana para eliminar os riscos de inundación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"
UNIVERSIDAD
Higinio González, nuevo presidente del Ifcae