Últimas prazas en Femuro para o seu programa "Concilia 2022"
O obxectivo deste novo proxecto é facilitar a conciliación laboral e familiar das familias
A Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) está a ultimar os preparativos para iniciar o 1 de setembro o seu programa “Femuro Concilia 2022”, cuxo obxectivo é facilitar a conciliación familiar e laboral das familias da comarca. “Sabemos que as cargas familiares, o emprego e a formación fan difícil a conciliación. Para paliar estas necesidades decidimos comezar este novo programa en setembro”, explican as traballadoras en Verín.
“Femuro Concilia” está destinado a familias con nenos de entre 2 e 12 anos e desenvolverase en horario de tarde, de luns a venres, de 15,30 a 20,30 horas. Iso si, en períodos vacacionais o horario trocarase a mañá.
Este programa prolongarase durante o resto do ano 2022, “e pretendemos a súa continuidade tras o 31 de decembro”, engaden dende Femuro. Os interesados en sumarse a esta iniciativa familiar teñen esta semana para inscribirse, pois as prazas son limitadas.
Mercado solidario
Ademais, Femuro acolle esta semana o seu mercadiño solidario, localizado nun baixo da avenida de Sousas. Estará aberto ao público en horario de 09,30 a 14,30 horas ata o 26 de agosto.
O obxectivo desta iniciativa é recadar fondos para os seus programas sociais e, paralelamente, darlle unha segunda vida a obxectos que estaban en desuso. Poden atoparse libros, obxectos de decoración, bixutería e xoguetes, entre outros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada