INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
O Concello de Verín abriu este xoves o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que queiran participar no desfile de Entroido. A data límite para formalizar a participación será o 10 de febreiro ás 19,00 horas. “A orde de colocación do desfile irá en criterio da organización”, explican dende o ente municipal, recordando que “os que non se inscriban e aparezan o día do desfile colocaranse ao final do desfile”.
Así, como todos os anos, o desfile sairá da avenida de Castela o Domingo de Entroido ás 12,00 horas e o Martes de Entroido ás 16,30 horas. Para o correcto desenvolvemento do traxecto, dende a organización recomendan “non realizar longas paradas, que as carrozas leven seguro propio e que os vehículos modificados que leven un extintor”.
Como é habitual, a organización do Entroido celebra o Domingo de Piñata -26 de febreiro- cos participantes do desfile. “Poderán participar na tradicional comida que se realiza ese día unicamente os participantes que se inscriban previamente para o desfile”, sinalan.
Os interesados en participar poderán inscribirse na oficina de información turística de Verín, a través do correo electrónico turismo@verin.gal ou no teléfono 988 41 16 14.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último