FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
A Festa da Istoria de Ribadavia e o CD Arenteiro reciben os Premios Insua dos Poetas, nas modalidades de Iniciativa Cultural e na de Colectivo ou Institución Destacada do Carballiño, respectivamente. O xurado reuniuse onte pola tarde para fallar un total de sete galardóns, que se completan coa Creación Artística para o fotógrafo Xulio Gil; a Literaria concedido o premio á escritora Concha Blanco; pola Defensa do Medio Natural, o recoñecemento é para a Fundación Eira; en Cultura Galega e Emigración para a familia Fragoso-Pegito de Buenos Aires e na modalidade de Acción Social para a Federación Down Galicia.
A Fundación Insua dos Poetas fará entrega dos galardóns durante o acto de celebración da XV Festa da Palabra, que terá lugar este sábado no paraxe natural e escultórico da Esgueva (Madarnás). Os premiados recibirán unha peza escultórica orixinal do artista ourensán Acisclo Manzano.
A xornada na Insua dos Poetas estará dedicada a cultura e lingua galega, xa que ademais da entrega dos premios, tamén se rendirá unha homenaxe ao profesor e escritor Arcadio López Casanova.
Con tal motivo, o editor César Lorenzo Gil e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, encargaranse da presentación do libro “Antoloxía esencial de Arcadio López Casanova” (1965-2019), preparada por Luís González Tosar, escritor e presidente da Fundación Insua dos Poetas. Trátase do primeiro volume da Colección Valilongo, editada pola fundación.
Continuando coa tradición de engrosar a mostra de artes plásticas nesta paraxe, Antón Pulido presentará a maqueta da vidreira “Kermesse” dedicada ó homenaxeado e que se instalará na insua en setembro, unha obra moi complexa de 4 por 2 metros.
Ademáis, o acto tamén contará con actuacións musicais a cargo de Aurum Ensemble e de Airiños de Candelas. Unha vez rematado a parte cultural, os asistentes compartirán un xantar de irmandade na ourensanía.
Confirmaron a súa presenza o presidente da Deputación, Luís Menor; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e o presidente do Parlamento, Miguel Santalices.
A Insua dos Poetas conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense, ademais das empresas Coren, Estrella Galicia e Viña Costeira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
MEDIDAS ANTICRISIS
Las ayudas para fertilizantes se pagarán desde septiembre
La Región
Ceuta: Cárcel En una tierra africana
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 4 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto