Programa da Semana Santa en Ribadavia 2024
Aos actos relixiosos, súmanse roteiros guiados, concertos, un espectáculo de danza e un musical pola Semana Santa en Ribadavia
O Concello de Ribadavia prepara unha ampla oferta de actividades culturais e deportivas como complemento aos actos relixiosos da Semana Santa 2024.
Programa completo
Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 a 10 anos, que terá lugar na Casa da Cultura, a partires das 17,00 horas.
O xoves e o venres, ás 12,30, está previsto o roteiro “Coñece Ribadavia”, cun percorrido polo patrimonio histórico da vila. Ademais, ese mesmo xoves, ás 19,00, a Alameda acollerá o espectáculo de danza “Remembranza”, e posteriormente, ás 23,00, na praza de San Xoan, actuará en concerto o grupo “Alabanda”, con repertorio de música pop e rock española.
As actividades culturais continúan o venres co contacontos infantil “Cuentos y mas cuentos”, na Praza Maior, ás 13,00 horas; e xa pola tarde, ás 19,00 horas, haberá o musical “¡Escenas de todos!”, no auditorio da Casa da Cultura; rematando esta xornada na rúa Salgado Moscoso con sesións de música electrónica dos djs, Jeivi e Roku, a partir das 23,00 horas.
O sábado, 30 de marzo, ás 19,00, na Igrexa da Madalena terá lugar o concerto de guitarra eléctrica de Rafael Fernández; e tamén un ano mais, celebrarase a actividade “A Arte dos Monumentos”, organizada por a Asociación de Amigos do Museo, ese mesmo sábado, ás 13,00 horas, para coñecer a historia da sociedade recreativa “A Peña”, e ao día seguinte, domingo, á mesma hora, para falar do antigo edificio Banco Pastor, ámbolos dous días o punto de encontro será na Fonte da Prata.
No que ten que ver co deporte, os días 29 e 30, o polideportivo “O Consello” será sede do torneo de fútbol sala “Copa do Ribeiro”, organizado polo colectivo “Minabo do Ribeiro”. Ademais, o campo do “Xestal” acollerá o Clinic de Semana Santa de Fútbol, organizado polo Ribadavia Atlético en colaboración coa fundación Celta, os días 25, 26 e 27 de marzo.
“Todas estas actividades son o complemento perfecto aos tradiconais actos relixiosos organizados pola Cofradía de Nuestra Señora del Portal, en colaboración coa parroquia de Ribadavia”, apunta o alcalde, César Fernández.
Actos relixiosos
Dentro do programa de actos relixiosos, o 24 de marzo, Domingo de Ramos, celebrarase a procesión dende San Xoan ata San Domingos, ás 11,30 horas; e o xoves a Procesión dos Caladiños dende a Igrexa de Santiago, ás 21,00.
O Vernres Santo será a Procesión do Santo Encontro dende a Igrexa de Santiago ata a Praza Maior, ás 11,30; e a Procesión do Santo Enterro dende a Igrexa de San Domingos, ás 19,30.
Ademais, o Concello pon en marcha un servizo de conciliación para os nenos, os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril, en horario de 9,00 a 14,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
DENUNCIA ADMINISTRATIVA
Intervenidos 146 kilos de cigala sin trazabilidad en un vehículo que partió del puerto de Cariño
TERMALISMO OURENSANO
Termas de Ourense de noche: Horarios y precios de Outariz y Prexigueiro en verano
"DÍA DA PROVINCIA"
O Campamento Urbano conquista sete concellos de Ourense