Rural ourensán

A xuventude namorada do rural: “Non podemos deixalo abandonado"

2020021522124553343
photo_camera Iván Nóvoa.
Os seus proxectos impulsan os seus territorios nun entorno "tranquilo" que permite relacións máis "próximas" coas persoas

O rural vive uns momentos difíciles onde os concellos, pouco a pouco, suman máis pobos baleirados. Contra esta problemática que afecta especialmente a provincia de Ourense, nacen os proxectos entre a xuventude que apostan polos entornos rurais como medio de vida. Son moitos os que están a desempeñar as súas ideas que van dende a apicultura á viticultura, ata aproveitar o turismo, especialmente co próximo Xacobeo no ano 2021.

Nesta liña nace bo turismo, o proxecto do ribadaviense Alberto Chousal. O seu obxectivo é aproveitar o tirón turístico e atraelo a súa vila, Ribadavia. Rutas polas bodegas de O Ribeiro, pero tamén por toda a comarca para amosar os seus segredos. Tamén da súa vila é Noelia Rodríguez, que voltou a casa para cubrir a seu pai na veterinaria que rexenta en Ribadavia. A súa idea era apoialo un ano, xa van tres e non ten pensado cambiar de aires.

En Boborás, Daniel Caíña, Johny Trigás e Sheila Rodríguez tiran da apicultura como un modo de emprego dende o rural. O que comezou hai máis dun ano con dúas colmeas, hoxe é a marca Alborada, baixo a que venden o seu mel, co obxectivo de chegar a ser a cooperativa Terras de Boborás.

Iván Nóvoa dende pequeno tíñao claro. Hoxe é un enxeñeiro agrario que dedicou os aforros dos últimos nove anos para invertilos na explotación gandeira que comparte co seu pai, na que súa nai tamén arrima o ombreiro. Por último, Óscar García estuda para chegar a ser técnico en Vitivinicultura. Poucos son os seus compañeiros de clase, pois él con 20 anos, é o máis novo de todos. 

Todos eles comparten o amor polo rural, no que se criaron, e o desexo de que os seus territorios sexan productivos.


Alberto Chousal: “Quero facer algo positivo pola miña vila e a comarca"


Despois de pasar por países como Eslovenia, Turquía ou Alemaña, este graduado en Turismo decidiu establecerse en Ribadavia, a súa vila natal. "Quería facer algo do que me gusta e como son tamén titulado como guía, decidín crear bo turismo", explica. No seu regreso apreciou o pouco aproveitado que estaba este sector en Ribadavia e optou por cubrir este nicho de mercado. "O turismo está crecendo, no 2021 celébrase o ano Xacobeo, e aquí faltaba algo que fomentase esta actividade, e eu vou intentar traballar con eso", afirma. 

_img-20200213-wa0005_resultado

Explotar así o enoturismo nunha zona que para él ten "potencial", nun sector que pode ser unha vía para o futuro. "O meu desexo é facer algo positivo pola vila e a comarca dende o que me gusta", comenta. Entre as dificultades que aprecia dende o rural están as conexións, a Internet e no trasnporte. "Hai zonas nas que non hai boa cobertura e o vehículo é totalmente necesario para vir, non hai medios", conta.


Daniel Caíña: “O noso desexo é darlle visibilidade ao noso pobo co mel"


Un ano e dous meses, ese é o tempo que levan inmiscuidos Daniel Caíña, Johny Trigás e Sheila Rodríguez no mundo da apicultura. "Na nosa zona de Boborás hai moitas colmeas de explotación e fascinounos ver a súa forma de traballar", explica Caíña. Dende ese momento comezou a estudar sobre as abellas, ata ser un "friqui" da materia. "Comezamos con dúas colmeas e unímonos coa asociación de productores", apunta. E así chegaron a vender Alborada, o seu mel. A meta final é convertirse nunha cooperativa co resto de productores baixo o selo Terras de Boborás.

20200215155435063_resultado

A situación do rural foi outro factor. "Estase abandonando e decantámonos por montalo no noso pobo e darlle nome", conta. A pesar dos bos resultados, segue empregado como un bombeiro que se forma en apicultura. "Cando era neno sempre íbamos ao pobo e encantábame, agora xa non quedan", recorda. Caíñas non cambia a "tranqulidade" da que goza: "Vou ondas colmeas e volvo relaxado a casa".


Noelia Rodríguez: “No quería quedarme, le cogí cariño y no creo que me vaya" 


Veterinaria Ribeiro é o negocio do pai de Noelia Rodríguez. Cando este precisou dela para traballar,  non marchou de Ribadavia: "Al principio no me quería quedar aquí, mi idea era emprender un proyecto fuera de España, pero lo hice porque mi padre estaba de baja", explica. Agora, tres anos despois, a súa idea cambiou. "Le cogí cariño a estar aquí, el contacto con la gente es  más próximo, muy diferente a la ciudad", conta. A poboación envellecida fai que os seus servizos sexan personalizados: "A veces tienes que ir a sus casas a atenderlos o a recogerlos, porque las conexiones ya son malas y en las personas mayores se les complica venir si son de otro pueblo", detalla.

20200215155435001_resultado

Animais de gandeiría poucos atenden: "Si ya casi no hay explotaciones ganaderas en la provincia, aquí ninguna", afirma. Atópase con veciños que manteñen a tradición das matanzas e crían algún porco, ovella ou vaca: "Es un trabajo duro y sacrificado, además de los gastos que generan".


Iván Nóvoa: “Dende fai anos invertín os aforros nesta explotación"


Vilamarín conta cunha "pequena" explotación gandeira que comparten Iván Nóvoa e seu pai, na que non falta a axuda indispensable da súa nai. "Comezamos hai nove anos, e agora temos 30 vacas e tamén ovellas", sinala Nóvoa. Aos seus 23 anos, é enxeñeiro agrario e traballa nun almacén de pensos en Amoeiro, que compaxina cos seus animais na casa. "Para dedicarse a esto ten que gustar, porque polo que da, non se levaría o traballo", aprecia. Dende ben novo tiña claro que era a súa paixón e iniciou esta andadura co seu pai: "Invertía os aforros que tiña na explotación". 

20200215155434938_resultado

O futuro do rural veo "mal": "Gustaríame poder vivir dos meus animais, pero non é nada fácil", opina. A súa explotación, a pesar de contar con 30 vacas ,é "pequena" e empregan os terreos que os veciños lle ceden "a cambio de telos limpos". Nóvoa considera que a xente pensa que por estar en extensivo "non da traballo": "Cren que é deixalas e xa, pero supón moito esforzo atendelo e ten que gustar".


Óscar García: “Inculcáronme dende pequeno o traballo no campo"


O futuro de Óscar García, un veciño de Barbadás, pasa pola viticultura. Ao contrario que moitos mozos da súa idade (20 anos) él prepárase para traballar cas uvas en Ribadavia. García estuda para ser técnico en Vitivinicultura, xunto a outros dous alumnos en Ribadavia, de máis de 50 e de 25 anos. "O rural está moi oxidade e ninguén tira por él, pero a min sempre me gustou", afirma. O seu amor polo campo ven da man de seu pai, que traballou durante anos nun invernadoiro, e do seu tío, ao que acompañaba na época da vendima. "É algo que me inculcaron dende pequeno, pasei moito tempo co meu pai no seu emprego e disfrutaba", rememora.

20200215155434891_resultado

Para o futuro teno claro: "Se dispoño de axudas estaría disposto a lanzarme cunha bodega", conta. Co seu traballo está seguro de ter que asentarse no rural, xa que hoxe vive en A Valenzá, e non o dubidaría. "Sempre pasei os veráns no meu pobo ou marchaba cun amigo, disfrutaba deses momentos".

Te puede interesar