Privilegios

¡BUONE VISIONI!

Publicado: 01 may 2026 - 04:40
Privilegios
Privilegios

Ultimamente, adoitase discutir entre os profesionais do sector audiovisual sobre a representación da clase traballadora en películas e sobre todo en series. Parece que a clase obreira cada vez está menos representada, e cando aparece está contada desde un punto de vista exterior ou por estereotipos. Quizais isto dependa polas esixencias de simplificación do mercado ou pola orixe dos propios profesionais. ¿Cantos mozos e mozas poden permitirse de estudar cinema ao día de hoxe?. Incluso podería atribuírse ao feito que está de moda a ostentación e o glamour. O debate segue aberto pero a súa orixe non é recente. Remonta ao “neorealismo”. Cando un dos pais fundadores do movemento, nos anos setenta, criticaba as historias artificiosas armadas desde os estudos, declarando que o cinema italiano morreu o día que “os guionistas e os directores deixaron de coller o tranvía”.

Por sorte (aínda que non a miúdo) asistimos á estrea de películas e series que intentan ir algo mais aló dos estereotipos sobre a clase traballadora, e que reflicten o conflito existente entre os explotadores e os explotados. É o caso da serie francesa “Privilegios” de Vladimir de Fontenay e Marie Monge, recentemente estreada en HBO Max. Ambientada principalmente nun Hotel de luxo de París, “Privilegios” recrea un microcosmo onde se manifesta a loita de clases e baixo un enfoque realista. A protagonista, Adèle Charki (Manon Bresch), é unha moza presidiaria que acepta desesperadamente un posto de botóns no hotel parisiense Citadel, como parte dun programa de reinserción dirixido polo director do hotel, Édouard Galzain. Pouco despois de chegar, Adèle vese envolvida nunha loita de poder na que ve unha oportunidade para redimir o seu futuro…

“Privilegios” podería ser o anti “Industry” ou a cara oculta de “Sucesión”. Está ambientada nun hotel pero esteticamente (e diría incluso narrativamente) sitúase as antípodas da serie “The White Lotus”. Quizais “Privilegios” ten moito máis que ver coa tradición do drama social e urbano francés e sobre todo co filme de Boris Lojkine, “La historia de Souleymane”, película que triunfou en Cannes no 2024.

É nos pequenos detalles onde destaca “Privilegios”. Hai un estudo sobre a realidade que se reflicte moi ben na serie, non só nos diálogos. O traballo fotográfico e do son é moi meticuloso. En xeral a iluminación é dura e fría, algo máis tenue no vestíbulo e máis crúa entre bastidores, separando os traballadores dos clientes. Para subliñar un certo paralelismo entre a o hotel e a cárcere, os creadores decidiron servirse de sons gravados na prisión real de Fleury-Mérogis. O Citadel, completamente reconstruído pero moi logrado en cada detalle, é unha fiestra sobre un microcosmo contemporáneo onde se exploran, a través dunha mirada etimolóxica, as relacións de poder e da codependencia.

Outro valor engadido da serie é o reparto de actores e actrices. Ademais de Manon Bresch no papel da protagonista, atopamos a extraordinarios interpretes cunha longa traxectoria en cinema como Melvil Puopaud, Zar Amir-Ebrahimi ou Anne Azoulay.

“Privilegios” é sen dúbida unha das series do ano. Un intento de contarnos a contemporaneidade da clase traballadora desde outra perspectiva. Os amantes deste formato non deberían perderlla.

Contenido patrocinado

stats