Os mellores plans

Axenda de ocio para os máis pequenos: do 13 ó 20 de outubro

DSSB5T7RPRG3BK4B5GNL7LDHOQ
Propostas de diversión para toda a familia

Día da Familia para inaugurar o novo curso en Amencer

xornalescolar_1310_axenda_01

Os grupos Saltimbanquis, Andaina e ADS de Amencer teñen unha cita este sábado pola tarde para inaugurar as actividades deste ano. Será en horario de 17 a 19 horas e poderán acudir os participantes acompañados das súas familias.

Deste xeito, a asociación xuvenil ourensá vai coñecendo ós seus novos membros e reencontrándose cos habituais doutros anos na semana que están dedicando a inaugurar o curso. Neste caso, as activiades grupais. Por cuestións organizativas, é preciso cubrir o formulario de asistencia disponible na súa páxina web.

Chegada a Compostela

xornalescolar_1310_axenda_02

A finais do pasado curso, a federación de anpas As Burgas comezaba o Camiño de Santiago para celebrar o Xacobeo. Este sábado, os participantes chegarán a Compostela e visitarán o sepulcro do Apóstolo para compartir xuntos a fin da última etapa desta peregrinación, que foi tamén unha bonita convivencia.

Probas para acadar certificados en lingua estranxeira

xornalescolar_1310_axenda_05

A Consellería de Educación diríxese a tódolos estudantes de cuarto de ESO, Bacharelato e Formación Profesional que queiran acreditar os seus coñecementos sobre unha lingua estranxeira. Con esta finalidade, está aberta xa a convocatoria para que os centros educativos adscritos á rede plurilingüe poidan inscribir ós seus alumnos nas probas dos niveis B1, B2 e C1. 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 de outubro dentro da páxina web do organismo autonómico “www.edu.xunta.gal”. Alí, dentro do apartado “Programas educativos” deben facer clic en “Acreditación LE” e premer en “Solicitar” cubrindo os datos do proxecto engadindo a información requerida sobre o alumnado que está interesado e comprometido coa realización das probas. 

Obradoiros educativos para familias en Verín

xornalescolar_1310_axenda_06

A ANPA do Ceip Amaro Refojo de Verín organiza un obradoiro de carácter gratuíto para as familias asociadas na sede de Femuro. Será en horario de tarde e centrarase en contacontos e actividades relacionadas. Para anotarse é preciso chamaro hoxe en horario de 16 a 17 horas, pois ten prazas limitadas. Os asistentes deberán levar un alimento como doazón. 15/10/2021, Femuro (Verín)

Sesión de contacontos para cativos

xornalescolar_1310_axenda_07

Volven os contacontos á Biblioteca Pública. Tralo parón estival, retómanse as actividades cunha nova sesión de “Contiños con Susana”, dirixido a nenas e nenos de entres catro e sete anos. Debido ás limitacións de aforo, é preciso facer inscripción previa. Tódolos martes, Biblioteca Pública de Ourense

O circo conquista os mares

xornalescolar_1310_axenda_03

Xa están á venda as entradas para o espectáculo de Evolution Circus coa súa nova aventura oceánica “El tesoro de Poseidón”, unha proposta de acrobacias, malabares e moitas risas para asombrar a toda a familia. Grandes e pequenos poderán gozar cos números imposibles dos artistas da compañía, que chega a Ourense tras percorrer toda a xeografía española. 23-31/10/2021, Expourense

Maxia e humor repletos de sorpresas

xornalescolar_1310_axenda_04

A Biblioteca Municipal de Barbadás acolle o espectáculo de Pedro Bugarín "Nova maxia para todxs", unha función recomendada para maiores de seis anos que deixará abraiados a tódolos asistentes cun punto de humor. O show, que leva percorrendo Galicia dende 2019, tense ido adaptando e actualizando cunha maxia moi entretida e participativa. Para asistir é preciso inscribirse no enderezo "[email protected]". 14/10/2021, Biblioteca de Barbadás

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante