Axenda de ocio para os máis pequenos: do 9 ó 16 de febreiro

Máis de 500 prazas para estudiar idiomas no estranxeiro

xornalescolar_0902_axenda_03

A Xunta de Galicia convoca un total de 525 prazas para alumnado de Bacharelato dirixidas a realizar estadías lingüísticas no estranxeiro co fin de mellorar as súas competencias noutros idiomas. O prazo para tramitar as solicitudes permanecerá aberto ata o 28 de febreiro, e poderán formalizarse a través da sede electrónica da Xunta, ou no Portal Educativo “http://www.edu.xunta.es/axudasle”. 

Trátase de estadías de tres semanas en réxime residencial ou familiar en Reino Unido, Francia, Portugal e Canadá no período estival. No caso do alumnado de 1º de Bacharelato, ofértase tamén a estadía de integración nun centro educativo canadense ao inicio do curso 2022-23, cunha duración de catro semanas. Os alumnos solicitantes terán que estar cursando, no réxime xeral, primeiro ou segundo de Bacharelato.

Exposición de máscaras e imaxes do Entroido ourensán

xornalescolar_0902_axenda_01

Os días grandes do Entroido están cada vez máis preto e nalgúns lugares, como Xinzo de Limia, a festa xa comezou na fin de semana. Por iso, dende o vindeiro luns, día 14, a Biblioteca Nós terá unha mostra de imaxes e máscaras do entroido ourensán no vestíbulo para achegar a tradición desta festa ancestral a tódolos visitantes.

Obradoiros para familias e profesores

xornalescolar_0902_axenda_07

Dende o colexio Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras poñen en marcha un clube de lectura para adultos dirixido a familiares e profesores do centro. Tamén botará a andar un proxecto de escritura creativa. Trátase de ofrecer tardes de entretemento e tamén momentos para compartir espazos coas familias, comezando cun encontro coa escritora Ana Meilán. O prazo de inscripción xa está aberto a través da súa web. 09/02/2022, Condesa de Fenosa

Batalla de paintball na Valenzá

xornalescolar_0902_axenda_06

A batalla máis artística terá lugar na Valenzá cunha actividade de paintball dirixida a que terá lugar no parque dos Amieiros. Xa están disponibles as entradas, cun prezo de 10 euros, para poder asistir a calquera das sesións que se celebrarán en horario de mañá e tarde, na páxina web “www.woutick.es”. A actividade está organizada en colaboración co. 26 e 27/02/2022, A Valenzá

Inscripción para a festa do Entroido

xornalescolar_0902_axenda_02

Para celebrar o Entroido, o Concello de San Cibrao das Viñas organiza un concurso de disfraces con varias categorías no polideportivo municipal. Os participantes poderán anotarse na biblioteca ata o venres, día 18. Haberá premios por valor de 2.850 euros. 26/02/2022, San Cibrao

Nova sesión semanal de contacontos 

xornalescolar_0902_axenda_05

A Biblioteca acolle unha nova sesión de contacontos con actividades relacionadas coa historia narrada. A actividade está pensada para nenos e nenas de entre catro e seis anos de idade, que gozarán con diferentes historias.  Ó ter limitación de aforo, para asistir é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788 385 ou 988 788 386. 15/02/2022, Biblioteca Nós

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante