XORNAL ESCOLAR

Implicación contra o fracaso escolar

27.01.16.COLES.CAMBEO.COLEXIO ANTONIO FAILDE.
photo_camera Escolares do CPI Antonio Faílde.

O CPI Antonio Faílde é un centro de ensino moi completo no tocante ás instalacións e aos medios cos que conta  para levar a cabo múltiples actividades complementarias durante todo o curso

O CPI Antonio Faílde está situado en Cambeo, Coles. Oferta as modalidades educativas de Infantil, Primaria e Secundaria e conta cun profesorado moi activo e implicado en todos os proxectos que se desenvolven no centro, co fin dunha mellora educativa de continuidade para a formación integral do alumnado e a reducción do fracaso escolar.

O colexio está situado nun entorno natural envexable, con grandes espazos abertos, un xardín botánico, froito do traballo do profesorados de actividades medioambientais durante moitos cursos. Tamén conta con pistas polideportvas e camiños de terra con valados de madeira, creado para acadar unha formación responsable do alumnado co medio ambiente. Entre as últimas adquisicións neste ámbito están varios Ginkgo biloba (fosil vivinte dende hai 270 millóns de anos).

O colexio está dividdido en cinco edificacións nos que se reparten: un edificio administrativos, dous adicados ás aulas das tres etapas educativas que se imparten no centro, un gran ximnasio con vestiarios, invernadoiro e sede da Anpa, patios interiores en uso con fins educativos (como é o caso da biblioteca).

O que diferencia especialmente ao CPI Antonio Faílde con outros centros son os grandes espazos abertos con fins didácticos, nos que predomina unha gran zona verde con diferentes especies arbóreas. Tamén destacan as pistas deportivas, así como os patios interiores aproveitados con fins didácticos. Unha das asignaturas pendentes deste centro é a mellora dos accesos ao centro e, co tempo, contar cun salón de actos propio.

O centro conta cun profesorado moi implicado, cun moi bo ambiente de traballo e a busca da mellora na formación integral alumnado sempre coa reflexión e innovación nos prantexamentos pedagóxicos, tendo ademais moi en conta a educación en valores e a convivencia no centro; apostando pola relación coas familias e favorecendo a súa implicación e colaboración no proceso educativo para acadar o éxito escolar.

Tamen é importante a colaboración do Concello de Coles, imprescindible para o mantemento e  coidado dos nosos amplos espazos e instalacións así como a implicación do persoal non docente (administración,conserxe) que nos facilitan en gran medida o labor. É necesario non esquecer o traballo do persoal de cociña, cun gran servizo de comedor de xestión directa confeccionando menús saudables para os nosos alumnos/as. 
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante