O meu cole chámase...

Padre Feijóo

xornalescolar_211020_colepfeijoo_02
Na provincia hai dous colexios que levan o nome deste monxe benedictino que foi un dos grandes ilustrados de España.

Un fidalgo benedictino

Aínda que Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro naceu no Pereiro de Aguiar no ano 1676 nunha familia fidalga de antiga linaxe, ingresou con 12 anos na Orde Benedictina de Samos, xurando un voto de pobreza e renunciando ós seus dereitos familiares. Adicou a súa vida ó estudo e foi profesor en moitos lugares de España. Ademais de en Galicia, deu clases en León e Salamanca, gañando unha cátedra de Teoloxía na Universidade de Oviedo, cidade onde faleceu en 1709. É unha das figuras máis salientadas da Ilustración Española.

Adiantado ó seu tempo

xornalescolar_211020_colepfeijoo_03

Ser monxe non impediu que o Padre Feijóo fose unha persoa moi crítica coa sociedade na que vivía. Aínda que co pensamento católico sempre como base, chamábase a si mesmo “cidadán libre da república das letras”. En pleno século XVII foi un firme defensor dos dereitos das mulleres e sobre o seu papel na sociedade escribiu en numerosas ocasións cuestionando a misoxinia da época. Benito Jerónimo Feijóo estaba ó tanto das modas e gustáballe saber o que acontecía en Europa en cada momento, tanto en avances tecnolóxicos como de pensamento.

Dous colexios

xornalescolar_211020_colepfeijoo_01

Como non podía ser doutro xeito tratándose dun mestre tan reputado da época, a súa provincia réndelle homenaxe en dous colexios. Un deles está en Allariz, de onde procedían as orixes familiares do Padre Feijóo. O segundo está na cidade e leva como complemento no nome polo que era coñecido o seu fundador, Zorelle. Os alumnos dos dous centros educativos converténse así en discípulos dunha das persoas máis ilustradas de cantas naceron na provincia de Ourense e que tivo moitos seguidores do seu pensamento xa nos seus días.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante