JUICIO EN OURENSE
Desestiman la demanda de una concejal de Barbadás contra el alcalde
SEGURIDADE E ACCESIBILIDADE
O Concello de Barbadás vén de colocar 16 novos puntos de luz en diversos puntos do municipio, co obxectivo de mellorar a seguridade e accesibilidade da poboación. A acometida enmárcase no Plan de Obras aprobado polo goberno local para este 2025, dotado con 1,1 millóns de euros, e que inclúe desde a ampliación da iluminación pública ata remodelacións de edificios públicos ou novas áreas de recreo.
Os novos puntos de luz localízanse nas localidades de Piñor, Bentraces, Sobrado, Barbadás, Pontón e A Valenzá. “Dotar de iluminación pública as diferentes zonas que ata agora carecían dela favorece a seguridade, a accesibilidade ás vivendas e, por suposto, a comodidade da poboación. É un servizo fundamental”, recalca Victoria Morenza, tenente alcalde.
Os farois colocados en zonas como a curva da Igrexa de Piñor tamén supoñen unha mellora na seguridade viaria. “É unha curva moi pronunciada na que faltaba visibilidade. Os novos puntos de luz favorece a seguridade de condutores e peóns”, asegura Morenza.
A nova iluminación sitúase en Sobrado (no cruce e na rúa Furón); en Bentraces (na rúa de Abaixo e na rúa dos Cortizos); en Barbadás (nas Escorregas); en Piñor (rúa Dilueiras e na curva da Igrexa); na Valenzá (rúa Altamira) e na aldea de Pontón
Contenido patrocinado
También te puede interesar
JUICIO EN OURENSE
Desestiman la demanda de una concejal de Barbadás contra el alcalde
SIMULACRO DE INCENDIO
Simulacro de incendio en el CEIP Filomena Dato, en A Valenzá
CULTURA GALLEGA
Barbadás se une por el impulso al Ano Oteriano
Lo último