Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Llamada del CIS a las 20:58
PINGAS DE ORBALLO
Escoito música. Estiro unha perna que tiña encollida e encollo a outra que estaba estirada. Non sempre a harmonía coincide coa realidade nin o sol asoma tras dunha nube negra. Porque, en realidade, non hai tal nube.
Escoito música. Música forasteira. Ás veces latina, outras folclórica. Escoito bossa nova e ós grandes compositores de bandas sonoras. Con Elvis Presley báilanme os pés e con Guadi Galego algo me remexe na alma. A música amansa ás feras. Xeralmente é certo, aínda que tamén hai cancións que poñen os pelos de espeto ou que arrepían as carnes.
Escoito música e penso que a inocencia é ese estado de tanta inxenuidade e tanta candidez que o pensamento bota a correr cara á infancia, e mesmo máis alá dela. A infancia é coma un arco da vella no que as cores permanecen gravadas na memoria.
O dito: unha mestura musical feita a darlle cun sacho.
Escoito música. Da mañá á noite. Mentres ando e cando fico quieto. Correndo e cociñando. Xantando e ceando. De pé e sentado. Agora mesmo estou sentado, cunha perna dobrada e a outra medio estirada. Foi escribir isto e, ale, cambiei de postura. Xa imaxinades como.
Escoito música. Agora mesmo soa “Pale, Pale Moon”, na voz de Jayme Lawson, un dos temas da película “Os pecadores”. O dito: unha mestura musical feita a darlle cun sacho. Desde Los Cinco Latinos ata Chet Baker; desde “O Danubio azul” ata “A mis cuarenta y diez”; desde Caetano Velosa ata a cacho señora dona Barbra Streisand, con parada e fonda en Milladoiro, Luar na Lubre, Amancio Prada, Luz Casal, Los Suaves, Ialma, Fuxan os Ventos, Benedicto, Bibiano...
Escoito música. E, mentres a escoito, tamén me escoito un pouco a min.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Llamada del CIS a las 20:58
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
La bola negra
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Pericot, mestre do mestre Cuevillas
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Los amores y los odios del pasado compartido
Lo último
JORNADA SOBRE RUEDAS
Galería | El Día da Bici vuelve a conquistar Carballiño
SEGUNDA EDICIÓN
Galería | Lobios disfruta con un rallysprint más