Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ADAPTADA AO ALUMNADO
Barbadás estreou onte unha nova biblioteca escolar no CEIP Filomena Dato. As novas instalacións contan cun espazo de estudo e lectura que o estudantado poderá aproveitar. Ademais, nos seus estantes poderán atopar centos de exemplares literarios, con unha variedade temática adaptada ás idades do alumnado.
Na inauguración estiveron presentes a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, ademais de varios membros do centro educativo. No transcurso do acto, os representantes da Xunta de Galicia felicitaron á comunidade educativa pola súa aposta por revitalizar e dinamizar este espazo, cheo de oportunidades para o alumnado.
Neste sentido, lembraron que as bibliotecas escolares non son só recintos de lectura, senón lugares de aprendizaxe, onde os estudantes aprenden a manexar información e a documentarse para traballar as diferentes materias do currículo. Ademais, cada vez son máis os centros que incorporan ás súas bibliotecas recursos como laboratorios de radio ou ferramentas de robótica, entre outros.
O CEIP Filomena Dato vén de facer unha reforma deste espazo co obxectivo de darlle un novo pulo e incorporar novas iniciativas e actividades de xeito progresivo. Como primeiro paso, solicitaron o ingreso no Plan de mellora de bibliotecas escolares, a través do que este curso reciben un apoio de máis de 4.000€ por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?