MICROESTADO INDEPENDENTE
A Raia mantén vivo o Couto Mixto, a súa desaparecida república de liberdade
ENTREVISTA
O luso Marco António Franco Neves (Peniche, 1980) é tradutor, docente universitario, escritor e creador de contido en televisión, radio e plataformas dixitais. Nesa faceta divulgadora destaca no país veciño como unha das voces máis activas e comprometidas coa divulgación da orixe común do galego e o portugués, poñendo en valor a capacidade de resistencia da lingua propia de Galicia e a necesidade de abrir fiestras entre ambas realidades.
Pregunta. Que sente ao ser nomeado xuíz honorario do Couto Mixto?
Respuesta. É unha enorme honra e fiquei moi sorprendido co nomeamento. Teño escrito e falado do Couto Mixto en diversas ocasións, tanto en artigos coma na televisión e en vídeos. Para min, representa a continuidade entre Galicia e Portugal e a porosidade da fronteira, que non é unha barreira tan forte como moitas veces se cre, e que linguisticamente non é significativa. Hai uns dez anos falaba coa miña muller sobre o Couto Mixto e ela preguntoume: “Entón, que lingua falaban alí?” Pareceume fascinante porque reflicte moi ben a realidade: nun territorio a cabalo entre Galicia e Portugal, a xente non se preocupaba por que lingua falaba porque, en realidade, era a mesma lingua. O Couto Mixto é o mellor símbolo desa continuidade.
P. Como e cando se fraguou a súa relación coa nosa terra?
R. A primeira vez que escoitei o galego foi en 1993, con 12 anos, nunha viaxe cos meus pais por Galicia, coincidindo co Xacobeo. Lembro escoitar á xente falar en galego nos restaurantes e, lonxe de estrañarme, pareceume algo moi interesante. Non me resultou alleo. Naquela mesma viaxe, os meus pais mercaron un disco do grupo Milladoiro, que foi o meu primeiro contacto estreito coa música galega. Anos máis tarde, ao comezar a escribir sobre linguas no meu blog, os textos sobre o galego enchíanse de interaccións de galegos e portugueses. Galicia revelouse ante min como un lugar único, o único do mundo onde vin grafittis sobre lingüística nas rúas! Isto impulsoume a investigar máis e a estreitar os lazos.
P. Cal é o maior descoñecemento dos lusos sobre o galego?
R. O dato que máis choca aos portugueses é descubrir que o galego segue a ser unha lingua viva, de rúa e falada por millóns de persoas na actualidade. Moitos portugueses que viaxaron a Galicia hai décadas viron todo escrito en castelán e non souberon identificar o galego oral. Por iso, ficaron coa impresión errónea de que o galego era unha lingua do pasado que desaparecera e que fora “recuperada” ou “inventada” recentemente a nivel institucional. Sorpréndense moito ao saber que nunca deixou de falarse.
P. Como poderíamos achegarnos máis galegos e portugueses?
R. Unha vía inmediata é que fagades pedagoxía con nós. Cando un portugués tente falar en castelán ou “portuñol” por cortesía ou confusión, o galego debe dicirlle explicitamente: “Fale en portugués, que eu fálolle en galego e entendémonos perfectamente”. Cómpre romper esa barreira de xeito consciente e directo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MICROESTADO INDEPENDENTE
A Raia mantén vivo o Couto Mixto, a súa desaparecida república de liberdade
XUICES E XUIZAS HONORARIOS
Santalices reivindica en Rubiás el legado que dejó el Couto Mixto en la sociedad gallega
LLAMAS CONTROLADAS
Extinguido un incendio forestal de una hectárea en Calvos de Randín
Lo último
Antonio Casado
El pacto andaluz
SIN SOLUCIÓN A LA VISTA
Cambiador de Taboadela y vía única atascan la alta velocidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Un café muy amargo