Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
FESTA DO PULPO
A Festa do Pulpo, dedicada este ano a Lanzarote, volverá reunir a miles de visitantes cunha programación que combina gastronomía, música e tradición
O Carballiño quenta motores para a súa semana grande, que culminará o domingo 9 de agosto coa 64ª Festa do Pulpo, dedicada nesta edición á illa de Lanzarote. A vila agarda a milleiros de visitantes cunha ampla axenda ininterrompida de gastronomía, música e tradición.
O evento máis mediático chegará o martes ás 20,00 horas na Praza Maior: a elaboración da tapa de pulpo máis grande do mundo. Para bater de novo o récord mundial, os profesionais locais cortarán 610 quilos de cefalópodo (dez máis ca en 2025) sobre un prato de 5,37 metros de diámetro. Empregaranse 8 quilos de sal, 55 litros de aceite e 3 de pimentón para servir unhas 1.800 racións. Os tickets, a 7 euros, inclúen a tapa, viño, pan, sobremesa e o prato de recordo, nun ambiente amenizado por DJ Tibu e Os Serandeiros.
Completo programa
Máis aló deste fito, a programación cultural inclúe hoxe o Día da Emigración. Ao longo da semana sucederanse os concertos de grupos como Hechizo de Nora, Amigos do Acordeón, Os Catro Ventos ou o Septeto Nabori, xunto coa proxección da longametraxe “Lúas do setembro” o xoves.
O sábado 8 terá lugar a recepción oficial de autoridades e a tradicional Festa das Camisetas, cuxo concurso de deseños (alusivos a Lanzarote) ten a inscrición aberta ata o día 5 e reparte premios de ata 300 euros. O broche de ouro porao o domingo a xornada grande no Parque Municipal. Dende as 11,00 horas, o recinto encherase de música tradicional, tabernas e pulpeiras, enlazando pola tarde coa Festa da Xuventude e pechando coa verbena da Orquestra Chanel.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
AISLAMIENTO TECNOLÓGICO
Fornelos de Filloás o cómo vivir sin móvil en el siglo XXI
Manuel Orío
RECORTES
Predicciones indoloras