Cada 17 de maio quítannos o saio

Publicado: 18 may 2025 - 02:00
Cartas al director en La Región.
Cartas al director en La Región. | La Región

Dá noxo, vergonza allea,... que dende hai case 15 anos os galegos seguemos resignados, uns!, alporizados, outros!, e mudos, a maioría!... coa vixencia dese decreto do, mal chamado, plurilingüismo, porque non é outra cousa que o Decreto da Mordaza da Nosa Lingua. Ninguén fixo dabondo pra rexeitalo, denuncialo,... sermos un pobo colonizado económica, política e lingüísticamente. Sinto dicilo, porén o que pasa coa lingua galega na Galiza non sería de recibo en Catalunya nin en Euskadi, dou fe. Non embargante, na Galiza son fabas contadas os que nos aldraxamos polo actual negacionismo oficial, activo ou pasivo, persistente a cotío coa nosa lingua nai, o galego.

Acaso nese decreto non hai un artigo aconstitucional (artigo 7, se a memoria non me falla)? Pois ninguén plantexou nunca un recurso ao Tribunal Constitucional, e xa vai sendo hora!, en fin, nin a Galiza oficial nin a Galiza real, é incrible que pasara o que pasou e que siga pasando. Non é dabondo unha manifestación en Compostela, non, é preciso e urxente unha Longa Marcha ao Congreso dos Deputados de Madrid pra desfacer esta aldraxe á nosa Historia, coser este roto, esta ferida, esta fenda... nos nosos miolos.

Contenido patrocinado

stats