La Región
Justicia y equidad
Hoxe 26 de marzo, a Asociación Xuvenil Amencer celebra o seu 39º aniversario e gústanos compartir con todos e todas vós esta data tan significativa.
Chegar aos 39 anos nunha asociación xuvenil coidamos que é unha cifra moi respectable e á vez sorprendente.
Para nós, celebrar 39 anos significa celebrar protagonismo xuvenil, tempo libre educativo, traballo por un mundo máis xusto e fraterno, aposta convencida e crente pola infancia e a mocidade e polas súas posibilidades e soños, construción do Reino de Deus no noso Ourense.
Celebrar, como ben sabemos, é sinónimo de xuntanza, de festa, de ilusión compartida, de horizontes cada vez máis preto de nós.
E celebrar os 39 anos condúcenos á gran festa do 40º aniversario que celebraremos por todo o alto no próximo curso.
Contamos contigo, contamos con vós nesta grande efeméride para quen formamos a familia Amencer!
Parabéns, graciñas e perdón a todos e todas por esta aventura compartida de 39 anos.
Xulio César Iglesias Blanco (Xerente de Amencer)
Contenido patrocinado
También te puede interesar