La Región
Tiranías
Niste eido atopámonos os diabéticos. A miña diabetes é unha herdanza en vida legada pola miña nai. Ten, pois, unha orixe xenética. Logo, tanto a miña nai coma eu mesmo somos individuos que carrexamos xenes indesexables. Isto é en sintese a definición da euxenesia. Paladín histórico na loita euxenésica foi Adolf Hitler, quen impulsóu a esterilización forzosa con programas de hixiene racial e de limpeza étnica. Horrorizada a civilización por aquel exterminio nazi, nembargantes, o capitalismo liberal sentóu as bases na procura dunha raza superior, o que bautizaron coma a euxenesia liberal positiva. Non se fala xa da exterminación dos non aptos, senon de descartar 'embrións portadores de enfermedades conxénitas'. A modificación xenética. Unha reproducción controlada, mediante dianósticos xenéticos preinplantacionáis. Foi o punto de partida da fecundación in vitro.
Pero tal método euxénesico é un autentico bumerán, se de racionalizar o gasto na saúde pública se trata, polo seu alto custo. Vexo en auxe a profesión dos capadores, en detrimento dos galenos especialistas. Eu sen poder pagarme a metformina, agardarei que me chegue un coma hiperglucémico que me leve a carón dos meus amados finados. Daranme un diploma a título póstumo coma sufridor da patria, por haberlle aforrado ao Estado medicamentos e unha pensión que, a día de hoxe, aínda non cobro. Saúde e República.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
Tiranías
La Región
Escola do rural e infancia
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Gracias por tanto doctor
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El imperialismo contra el derecho
Lo último