Altri, un proxecto controvertido

Publicado: 27 mar 2025 - 01:09 Actualizado: 01 oct 2025 - 18:13
Carta al director
Carta al director | La Región

“ALTRI é unha empresa portuguesa, e se a macrocelulosa é tan boa, ¿por qué non a queren en Portugal?”

(Ana Pontón, deputada no Parlamento de Galicia, polo BNG).

Esa mesma pregunta fágome eu. Segundo a Xunta de Galicia é un proxecto que ademáis de xerar riqueza no contorno do río Ulla ata a ría de Arusa será respetuoso co medio ambente. Non o ven de ese xeito miles de veciños labregos e mariñeiros que saen a rúas semáns tras semáns rexeitando o devandito proxecto de erexir unha macrocelulosa. Na derradeira manifestación, A Pobra do Caramiñal (Ría da Arousa), xuntáronse preto de 50.000 persoas.

Teño moitas dúbidas de que vaia ser respetuoso co medio ambente. Coma, tamén, encaixe no disposto no artigo 45 da Constitución Española. Segundo o apartado 2 do devandito artigo, os poderes públicos deberán apoiarse na solidaridade colectiva. Non asemella ser o caso, tendo en conta as multitudinarias manifestacións contrarias ao proxecto, e as 27.000 alegacións presentadas por persoas e organizacións ecoloxistas.

Dende fai anos Galicia sofre atentados contra a súa floresta autóctona coa plantación masiva do eucalipto. ALTRI ten previsto talar 1.200 millóns de toneladas de madeira de eucalipto (o 22% do que se tala en Galicia). Ben sabido é que o eucalipto absorbe das súas raíces inxentes cantidades de auga e nutrintes, provocando a seca nas outras árbores ou nos cultivos aledaños. Outra condición negativa é que favorecen a propalacións do lume nos incendios. Unha tala que acadará 2.400 toneladas nunha segunda fase.

O curso do rio Ulla afectaríase ao reducirse o seu caudal, xa que se prevé un consumo industrial de 535 litros por segundo, e ao cabo do ano 16 millóns de metros cúbicos. Haberá moito menos auga para os cultivos do agro, da pesca, e utros usos domésticos.

E se eramous poucos, paríu a avoa. Altri condiciona o seu proxecto se acada unha financiación europea de uns 250 millóns de euros, un 30% da sua inversión. Supón o total da liña 4 do Programa Estratéxico da Recuperación e Transformación Económica da Descarbonización Indstrial para España. Vendo as esixencias que impón o programa, sobre todo, que “non cause un perxuizo signifcativo ao medio ambente”, tendo en conta as alegacións presentadas, espero coma desexo que sexa rexeitado pola UE.

A esta empresa portuguesa e aos seus socios capitalistas galegos, e a mesma Xunta de Galicia, lembrarlles a canción de “Grándola vila morena”, onde o pobo é o que máis ordena. O pobo maioritario galego rexeita máis contamiñacións na súa terra. A estes inversores sempre lles poderá ficarse en Portugal. Por que non? Ríos e eucaliptos teñen dabondo.

Abelardo Lorenzo

Contenido patrocinado

stats