La Región
Invasiones modernas
Dende o día 1 até o día 28 de febreiro ten lugar a votación mediante a que se decidirá cal é “a árbore europea do ano”, certame que se vén celebrando anualmente dende o ano 2011. O obxectivo principal deste concurso é poñer en valor o patrimonio cultural e natural do noso arredor e, ao mesmo tempo, animar á súa protección e conservación. Non se trata dun certame ao uso onde se valoran aspectos como a beleza, a altura ou a idade dos exemplares, senón que se buscan árbores que, históricamente, posúan unha conexión co seu entorno e comunidade, chea de simboloxía e sentimentos que as liguen á cidadanía por algún motivo ou razón de ser.
A representante pola nación española desta edición é unha árbore -o Carballo do Bosque do Conxo, en Santiago de Compostela- sobre a que descansan acontecimentos tan relevantes para a historia da Galiza como poden ser o Banquete de Conxo de 1852, unha comida de confraternización e irmandade que, nun acto inaudito e revolucionario para a época, agrupou a grupos sociais distintos como xesto de respeto mutuo e igualdade. Do mesmo xeito, Rosalía de Castro denunciaba xa nos seus tempos as talas e queimas incontroladas que sofría esta masa forestal do Conxo, o que lle da un valor engadido a esta árbore como emblema de resistencia natural e ecolóxica de, nada máis e nada menos, que 250 anos.
Seguirá gozando desa sorte nun mundo tan falto de sensibilidade co entorno natural?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
OURENSE AFRONTA LOS RECORTES
Jácome admite el fiasco de su envite con el presupuesto
PRIMERA FEB
COB, kilómetro cero
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella entrevista a Jaime Noguerol, periodista adelantado de aquel tiempo
LA SEQUÍA APRIETA EL RURAL
Cortegada estrena cortes de agua nocturnos por la escasez