La Región
Estoy de baja
A emisión do documental A conquista da democracia é unha gran oportunidade para que as novas xeracións sexamos conscientes da nosa historia recente co gallo de que o esquecemento e a tergiversación deliberada do revisionismo non se postulen como a verdade hexemónica. Coñecer o pasado permítenos entender o presente e reivindicar unha memoria colectiva de quen loitou por conquistar os dereitos e as liberdades das que gozamos. Polo tanto, somos herdeiros dunha narrativa que nos interpela a seguir consolidando os alicerces que vertebran as sociedades no pensamento crítico e na razón ilustrada, vacinas eficaces contra o auxe da desinformación e da indiferenza.
Na nosa época de pulsións autoritarias é un imperativo categórico que a reflexión sosegada se alce sobre as cinzas da barbarie. O legado humanista de Europa non pode claudicar ante a petulancia atrabiliaria das forzas indómitas do reaccionarismo retrógrado. A defensa duns valores compartidos ancorados na ética cívica proporcionan as armas intelectuais coas que combater aos adversarios do progreso. Porén, non debemos esquecer tampouco de que a escravitude, o colonialismo e o xenocidio son realidades do noso legado imperial. Mais tamén somos os herdeiros do pensamento grego, da civilización, da antorcha da liberdade, da Revolución Francesa, do laicismo, da tolerancia e da igualdade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
REPARACIÓN Y AMPLIACIÓN
Habrá obras en 43 centros educativos de la provincia de Ourense
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
El queso de tetilla, joya de nuestra gastronomía patrimonial
CAÍDA DE PROFESIONALES
El turno de oficio perdió 1 de cada 5 abogados en los últimos tres años