Que é a Historia?

Publicado: 05 ago 2026 - 03:10
La Región

A concepción do pasado aspira a ser veraz en lugar de ficticia ou arbitraria; verificable materialmente e non incomprobable nin indemostrable; causalista e inmanente ao propio campo das accións humanas e non fruto do azar ou de forzas inefables e insondables; racionalista e non allea a toda lóxica demostrativa; crítica e non dogmática. Por conseguinte, a historia contribúe a explicar a xénese, a estrutura, o funcionamento e a evolución das sociedades presentes e pretéritas; fomenta un sentido crítico da identidade dinámica e operativa dos individuos e grupos humanos; e promove a comprensión das distintas tradicións e legados culturais que conforman as sociedades actuais.

Como asevera Margaret McMillan, a historia non é un montón de follas mortas, senón un estanque a veces benigno, a miúdo virulento, que se acha debaixo do presente e que da forma silenciosamente as nosas institucións, a nosa maneira de pensar, os nosos gustos e aversións. Do mesmo xeito, Ortega e Gasset afirmaba que non hai remedio: para camiñar con acerto na selva da vida hai que ser culto, hai que coñecer a súa topografía, as súas rutas, os seus métodos; é dicir, hai que ter unha idea do espazo e do tempo no que se vive, unha cultura actual.

O escritor británico Graham Swift enuncia que a historia ensínanos a evitar as ilusións e invencións; a deixar de lado os ensoños, os contos, as panaceas, os milagres e os delirios; a ser realistas. Asemade, Leszek Kołakowski exhortaba que o pasado pode ser conxurado, mais o que non se pode nunca é anulalo. O escritor Primo Levi, sobrevivente do campo de exterminio nazi de Auschwitz, afirmaba que se o mundo chegara a convencerse de que Auschwitz nunca existirá, sería moito máis doado edificar un segundo Auschwitz. Porén, a historia debe ensinarnos, en primeiro lugar, a ler un xornal como ben dicía Pierre Vilar.

Xián Antón Lorenzo Rodríguez

(Ribadavia )

Contenido patrocinado

stats