La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Lecciones del Mundial
O crecemento vertixinoso da ultradereita ubicua e dos movementos reaccionarios nacionalpopulistas está a cimentar os piares dunha retrotopía alicerzada nas estruturas de sentimento ideadas por Raymond Williams nas que a verdade nun tempo é o erro noutro como aseveraba Montesquieu. Porén, como lembra Umberto Eco en Contra o fascismo, moitas das características que hoxe identificamos nestes movementos difusos non son novas, tal e como manifesta Siegmund Ginzburg na súa pertinente obra Síndrome 1933, senón que forman parte do “fascismo eterno”: unha forma de facer política baseada no rexeitamento do pluralismo, na simplificación da realidade e na procura constante de inimigos.
Alén, Cas Mudde, en A ultradereita hoxe, advirte de que este fenómeno non xorde de maneira espontánea, senón que representa unha nova vaga dun proceso que leva décadas desenvolvéndose. A súa capacidade camaleónica para adaptarse a contextos cambiantes e disruptivos explica parte do seu éxito electoral e da súa guerra cognitiva emprendida contra o que denominan como marxismo cultural.
Máriam Martínez-Bascuñán alerta sobre o perigo da posverdade e da erosión do espazo compartido
Unha das claves de bóveda é a súa relación ambigua coa verdade. Os líderes populistas preséntanse como os únicos intérpretes lexítimos da vontade popular, convertendo calquera discrepancia nunha traizón ao pobo. Esta lóxica favorece a difusión de relatos reduccionistas emocionalmente eficaces na que as solucións simples resolverían problemas complexos, aínda que estas medidas fosen quiméricas.
Do mesmo xeito, Máriam Martínez-Bascuñán, inspirándose en Hannah Arendt en O fin do mundo común, alerta sobre o perigo da posverdade e da erosión do espazo compartido onde se constrúe a democracia. Cando os feitos materiais deixan de importar, o debate público degrádase e as institucións perden autoridade na xestión dos conflitos inherentes as poliarquías conceptualizadas por Robert Dahl.
Por conseguinte, para fortalezar as nosas lábiles e imperfectas democracias debemos fomentar a eduación crítica de cidadáns capaces de convivir coa complexidade, a discrepancia e a incerteza a través dunha cidadanía reflexiva, diversa e comprometida cos valores democráticos.
Xián Antón Lorenzo Rodríguez
(Ribadavia )
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Lecciones del Mundial
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Al borde de la III Guerra Mundial
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Volver a mirar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Merecemos más y mejor atención
Lo último
DOBLE PRESENCIA
Los arqueros ourensanos, en el centro de la diana
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
La Feira do Viño de Monterrei maridará cocina, música y caldos de la comarca
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Blanco y Calvo Sotelo