La Región
Sostener la delgada línea de la Democracia
“Nalgunha ocasión, Celso recitounos a un grupo de amigos en Santiago, un poema feroz, cheo de graza maledicente, sobre un inimigo, alguén que perxudicara ou perseguira ao poeta polas súas ideas políticas. O poema formaba parte dun libro inédito que se titulaba Cabronario. Nun momento do recital, cando os versos chegaban ao cumio do enseño e transparentaban unha habilidade ininmutable para o humor acedo e o furor satírico, o autor, sorprendido el mesmo pola xenreira que lle saía pola súa boca, fixo un alto e dixo que non sabía de onde viña a el toda aquela mala uva. Alguén dos que escoitaban aclaroulle: Do corazón, Celso, do corazón!”
(Carlos Casares, no seu artigo “Cousas do corazón”, 1992).
Anécdota de Casares que reflexa a actitude de Celso Emilio Ferreiro que podemos atopar na súa obra recentemente lanzada por Editorial Elvira, 2024. Unha obra inédita que recolle unha ampla escolma dos seus poemas que non saíron á luz pola prohibición do goberno franquista. É de agradecer a laboura levada a termo polo seu fillo Xavier Ferreiro Loredo que deuna a coñecer nas Xornadas da Memoria Antifascista sobre a Transición Española, organizada polo Comité da Memoria Histórica de Celanova, cando honrou a Celso Emilio na data do 2.11.2025.
A maioría dos poemas foron escritos en Venezuela que eu descoñecía. A poesía de Celso Emilio coma a de Pablo Neruda ou Walt Whitman abrirían o vieiro polo que camiñaría a miña rebeldía xuvenil. Aquel antifranquismo xermolado na “Longa noite de pedra”, que me faría fuxir seguindo o consello de Celso Emilio que lle daba na súa “Carta a Fuco Buxán”: “Mentras o tempo non chega,/ mentras non pase o tempo que denigra,/ deixa ise escuro afán que te atafega,/ Fuco Buxán ¡emigra!”. E así o fixen, coma xa fixera no seu día Celso Emilio no seu “Viaxe ao país dos Ananos”:.. “e percorrín o mundo coma nun nómada/ compañeiro do vento e das estrelas”.
Lexos dos lares patrios puden ler dos seus poemas agora na escolma do seu Cabronario. Foran recoxidos por Marco Antonio de la Ossa en 1965 nos “Canti de la Nuova Resistenza Spagnola 1939-1961”: “Soneto a Paco el Cabrón” e “Santo Cristo de Fisterra”. “O Cabronario” literalmente é unha literatura inspirada no ánimus inxuriante, coma xa o fixera Pablo Neruda no seu poema “General Franco en los infiernos”. Celso Emilio retrata a unha España e o franquismo da que non saen ben parados a “oligarquía cerril e insaciabel, o exército ocupante e unha igrexa trunfalista de obispos funcionarios”. Ao fin, unha obra que pode ferir os sentimentos dos que añoran aquel réxime a os que non o viviron desexan reivindícalo.
Abelardo Lorenzo (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CITA COMPLICADA
El Cented afronta sin complejos el duelo ante el Lemos en Oira
Miguel Anxo Bastos
O declínio do aforro
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Un obituario sport, ilegal y extremo
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Cazadores sin alma