La Región
Nuestros municipios
Semella que unha vez que o exercicio da democracia exerceu o seu dereito e os personaxes de sempre foron empurrados a un recuncho do terreo de xogo, como que as súas faces lucidas e por veces amables se lles están vindo abaixo, permitíndonos descubrir que neses individuos había dúas maneiras moi distintas de entender a decisión do pobo. E incluso me atrevería a dicir que dependendo do momento serían capaces de quitarse da manga ata tres, catro ou cinco rostros distintos. E isto impón. E asusta.
E máis cando escoitas das súas bocas atributos como nazis, filoterroristas, proetarras, chavistas, comunistas (non sei eu), un perigo para a democracia occidental, etc. E se todo isto o alimentas co bramado polos bos e xenerosos empresarios patrios, que nos queda? Todo isto non fai máis que corroborar as sospeitas sostidas por moitos sobre estes personaxes enchidos de democracia mentres esta poida ser levada da man por eles. Agora ben, a cousa complícase cando a mesma entende que chegou o momento de soltarse das súas mans. E ben pouco lles importa que a decisión viñera dada polo libre exercicio dunha maioría popular. Para eles, iso, é o de menos. E a min, iso, medo me dá!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último