La Región
CARTA AL DIRECTOR
Concentraciones municipales
“Carlos Núñez foi un dos históricos
dirixentes comunistas en Galicia, por iso ama a democracia e a liberdade e
deféndeas coma o que máis”
(Perfecto Conde, “Carlos Núñez.
O comunista que non foi gaiteiro”,
Ed. Galaxia, 2025, prologado por Xesús Alonso Montero).
Gardo con gratitude lembranzas coa familia Núñez dende o meu paso pola academia “Estudios Galicia”. Ali coñecín a Carlos Núñez cando nos ensinaba dibuxo, materia que non se me daba ben, xa que sempre fun de mans torpes. Era de tal xeito, que somentes dibuxaba o mesmo tema, un oasis do deserto. Aquelo deu pé a que Carlos me dixera o por qué eu elixira un tema de soedade, de fuxida. A resposta intrínseca era que ainda non me despoxara da miña indumentaria infantil centroamericana. Trocara un país de cores vivos por un de gris marengo.
Deixei de velo un tempo. Forase para Vigo, e xa coma militante do Partido Comunista comezou a súa andaida política clandestina. Inroducíuno na formación o xefe do partido en Ourense José Díaz. Unha excelente persoa, da que gardo grande estima. Asistin as súas clases de inglés na Rúa do Progreso no primeiro andar, enriba dos “Ultramarinos Bóveda”. Puña moito interese en mín. Acostumaba entregarme, por debaixo do pupitre, exemplares do “Mundo Obrero”. Daquela aínda non acadara eu conciencia antifranquista. Volvín a atoparme con José Díaz, logo da miña volta do exilio mexicano. Conversábamos de cotío na Alameda ou no Ateneo. O derradeiro encontro tivo lugar nun mitín de Jordi Solé Tura, no que me o presentóu.
A Carlos non volvin a velo, dende aquel fortuito encontro nun departamento do expreso Vigo-Madrid. Viaxaba él coa súa muller Angelines Muñoz cara a Segovia, a berce de ela. Eu ía a Madrid para estudar na Universidade Complutense. Falamos durante toda a viaxe. Ao despedirnos chegando a Segovia, tiven o meu primeiro encontro cun membro da Brigada Política Social. Porfíaba aquel home en coñecer qué relación mantiña eu con Carlos. Relación política ningunha díxenlle, se non de amizade familiar. O achegamento dun que se identificóu coma inspector de educación, puxo fín ao interrogatorio. Dixo que eu era de familia coñecida e non tiña eu pensamento político disoluto algún. Paradóxicamente recoñocíame coma aquel pupilo de Estudios Galicia, e que non lle agradara a miña exposición da vida e obra de Antonio Machado. Feito polo que Don Albino foi afastado temporalmente do ensino da literatura.
Mergullarse na lectura desta obra de Perfecto Conde é dar testmuña dun Carlos Núñez comprometido coa loita polas liberdades, dun home que amosou, sempre, fidelidade ao seu partido político. Vaia a miña noraboa polo seu compromiso ético, moral a un ourensán que deixou pegada en Vigo ata conquerir concellería nas primeiras eleccións da democracia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTA AL DIRECTOR
Concentraciones municipales
La Región
CARTA AL DIRECTOR
A condición secular
La Región
Sostener la delgada línea de la Democracia
La Región
Promesas que vencen en las urnas