La Región
CARTAS AL DIRECTOR
No contaminemos nuestra tierra
CARTA AL DIRECTOR
Nun diario deportivo da prensa madrileña, observamos a foto a páxina completa de dúas das estrelas do Real Madrid de fútbol, Mbappé e Bellingham, no posterior ao partido co Valencia. Noutra foto interior vemos ao mesmo Mbappé recollendo o premio á Bota de Ouro como máximo goleador das ligas europeas na tempada pasada.
Dende calquera óptica, e moito máis se nos referimos a deportiva, non semella ser o máis xusto e correcto destacar exclusivamente o labor goleador dun xogador cando o fútbol é deporte de equipo polo que son imprescindibles os compañeiros que xogan e o asisten na súa faceta goleadora. Sería máis lóxico que nesa foto apareceran todos os seus compañeiros.
Por outra banda, destácase con sobresaliente o partido dos dous xogadores citados e tamén do defensa ferrolán Carreras, quen ademais marcou un gol extraordinario, o primeiro dun xogador español do Real Madrid nesta tempada. Pero a súa actuación apenas mereceu unhas liñas na crónica do partido.
Enxalzar a xogadores top e publicar noticias sobre todo dirixidas a súa honra, é o máis doado e “vende” moito. Pero con frecuencia non responde á xusta realidade.
Manolo Romasanta Touza
(Sigüeiro)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
No contaminemos nuestra tierra
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Aprendiendo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Playa de Ríos en Vigo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Cuando los mayores superan a los niños
Lo último