La Región
Dende Xinzo... Que soño tan feliz!
O pasado sábado por a tarde en Santirso de Mabegondo o noso equipo de fútbol, O Antela FC, conseguiu ascender por primeira vez nos seus 107 anos de historia a Terceira Federación. Viva o Antela FC e a súa afición.
Unha tarde de futbol moi longa e con todo incluido, partido reglamentario, prorroga e lanzamento de penaltis. Chapeau Antela! e moitos parabéns por a tempada realizada e un play off de ascenso espectacular eliminando a dous grandes equipos, o Betanzos e o Santirso de A Coruña, que a priori eran favoritos na eliminatoria.
Ahora toca disfrutar destes bonitos momentos e de un merecido descanso para xogadores, corpo técnico e directiva polo traballo ben feito. Noraboa e moitos parabéns.
Para esta nova historia deportiva do Antela FC de Xinzo, contamos co apoio do Concello e demáis organismos e tamén de todos os antelanos.
Pronto teremos un avance prometedor da próxima tempada para levar o noso equipo por toda Galicia, con moito ánimo, moita forza e moita coraxe para competir contra os mellores equipos da Terceira galega.
Dende Xinzo e sempre, que nos quiten lo bailado. Forza Antela FC!
Toño Novoa (Xinzo de Limia)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Ame
Pegada de Carbono
Seis empresas de Ourense reducirán sus emisiones en un 30%
PROGRAMACIÓN DIVERSA
O Barco propone 35 actividades para este verano