Día internacional do libro infantil e xuvenil

Publicado: 02 abr 2026 - 02:40
Cartas al director en La Región.
Cartas al director en La Región. | La Región

Amigos e amigas:

Con motivo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o día 2 de abril, quero comunicarvos algunhas actividades de lectura infantil e xuvenil que se practican en Salesianos.

Unha é a actividade extraordinaria do Club de Lectura Tragalibros. Nela os membros do Club realizan encontros nos que contan contos ós de 1º e 2º de Primaria. Desde hai anos ven realizando algo similar cos alumnos de Infantil, arredor do Día do Libro. Actualmente pertencen ó club máis de 60 rapaces de Secundaria. Gracias ó Club, os máis pequenos mergúllanse en historias que fan voar a súa imaxinación. A páxina 10 do Xornal Escolar de La Región do día 25 de marzo de 2026 está dedicada a esta actividade.

Un sabor similar pero con outro perfume teno a bonita e enriquecedora actividade de “Animación á lectura”. Nela, alumnos de cursos superiores “apadriñan” a compañeiros máis pequenos para compartir con eles momentos de lectura. Estes encontros crean un espacio de convivencia, cercanía y aprendizaxe mutuo. Os maiores narran historias e acompañan ós pequenos no marabilloso descubrimento da lectura, espertando a súa imaxinación e o seu amor polos libros. Unha experiencia que deixa pegada en todos! Froito de esta sensibilidade lectora, a ANPA do colexio organiza cada ano na ESO un concurso de relatos curtos, co gallo do Día do Libro.

O intercambio con colexios do extranxeiro é outra aventura con sabor especial. A finais de marzo desfrutaron de libros e paisaxes ourensáns, durante unha semana, 29 adolescentes franceses, acompañados de alumnos de Salesianos-Ourense. Outros 20 alumnos de Educación Dixital de Salesianos cruzaron fronteiras para vivir, durante tres días, unha experiencia única de intercambio en Oporto. Foron recibidos cos brazos abertos polos seus compañeiros portugueses, para traballar xuntos nun proxecto moi especial: a radio escolar! Sempre a partir de libros que leran. Aprender, conectar e crear desde outro país… iso é educación real, iso é lectura eficaz.

Amigos e amigas, en Salesianos, en xuño edítase cada ano un amplo e artístico libro que recolle as múltiples e variadas actividades que realizan tódolos alumnos, desde Infantil a 2º de Bacharelato, durante o curso. O libro titúlase “Proxecto NaturezAula”, As actividades e o libro que as recolle ten un gran valor académico, educativo e pedagóxico. Como guinda, lembremos que, tamén no eido da lectura, “Salesianos non pecha”, porque Amencer ten múltiples actividades durante toda a Semana Santa.

Adolfo Requejo Rodríguez

(Ourense)

Contenido patrocinado

stats