La Región
Justicia y equidad
Os centros hexemónicos de poder segundo a visión de Giovanni Arrighi, o novo imperialismo teorizado por David Harvey e o poder brando conceptualizado por Joseph Nye están a definir os marcos de acción do século XXI. Estas realidades vertebradoras ancóranse nunha tríade de significados polisémicos que configuran os eixos de actuación; sendo a posverdade, o populismo e a polarización os piares desta entente tal e como o categoriza Moisés Naím.
Unha nova era semella estar xerminando entre os froitos caducos da modernidade. Este tempo de resonancias coñecidas pola memoria dos vencidos presenta feitos análogos a un pasado que non se debería esquecer. A entronización ególatra de Trump e a súa orbita tecnofeudal é un síntoma máis da metástase do corpo social, o que evidencia que os valores imperantes das democracias racionais están periclitando. De nós depende que axenda autoritaria, clasista, xenófoba e machista non estableza os seus dogmas reaccionarios. Polo que a nosa civilización terá que combater o nihilismo ou levalo ata as súas derradeiras consecuencias
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas