La Región
Tiranías
Indignada coa xefatura territorial da Consellería de educación que xusto este curso se lle acorda deshabilitar unha praza de mestre no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, xusto ó que acude a miña filla.
Supoño que amortizarían prazas en máis escolas, e eso que nos venden que están a ampliar personal (será de políticos) para que así as aulas non estén tan saturadas e poder manter a distancia de seguridade e hixiene e de paso, xa que van ó cole, aprender algo.
A min esto da nova normalidade, supoño que como á gran maioría, tenme desconcertada (por todas as incongruencias destas novas leis, que por certo, cada tempada cambian) pero, sobre todo, estou asustada.
Son mestra e nai polo que, tanto por un lado como polo outro, a incertidume e non poder controlar a situación e non ter unha programación clara, non so educativa, se non da vida mesma, fora da escola, no día a día, asústame.
Pero se xa me parecían bastantes crianzas xuntas nun aula de 18 en 4 de primaria, agora con 25 e en Xinzo (que non Las Palmas) aqui esto de ventilar e as clases ó aire libre (según recomenda o protocolo a dia 31 de Agosto) non é moi factible... Paréceme que van a ir cada día a librar unha batalla contra un enimigo invisible, sen compañeiros de filas, xa que non poden nen acercarse, e por encima non sabes se te atacou e te envenenou ata varios días despois, cando seguramente xa fuches a visitar, como todos os fins de semana ós avós á aldea que están esperando ós netos con todo o seu amor e cos brazos abertos para darlle un bico e un abrazo....
Espero e desexo que os politicuchos que están detrás da xefatura territorial de educación cambien de idea e se poñan do lado dos nen@s e dos mestres e familias asustadas e non do lado do enimigo invisible, xa cjega o letal que é sen que lle den máis armas. Asi é imposible derrotalo.
C.F.P.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
Tiranías
La Región
Escola do rural e infancia
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Gracias por tanto doctor
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El imperialismo contra el derecho
Lo último