La Región
Tiranías
Coma tódolos anos en Parderrubias celebrouse esta fin de semana a festa de Corpus, sendo a deste ano 2025 bastante conflictiva por mor da súa ubicación. Sen pretender ser “salomónico” vou dar o meu parecer ao respeito. Antes de nada felicitar e agradezerlle ás dúas mozas da Comisión, polo seu traballo e esforzo na súa organización e pola abundante e surtida programación con cea veciñal incluida. E por outra banda tamén podo entender o rexeitamento da súa ubicación por parte das veciñas afectadas polas molestias que lles pode ocasionar este tipo de eventos ao carón das súas casas.
Estas festas patronais tiveron ao longo da súa historia varias ubicacións, sendo os últimos anos (excepto o 2024) nunha praza que debido ao tipo de actuacións musicais non reunía as condicións. Dita praza está pendiente de ampliación grazas á cesión de catro metros de retranqueo que o bispado cedeu gratuímente do diestro colindante. Dita obra correspóndelle executala ao Concello de A Merca por pasar a ser o terreo de dominio público e leva preto de cinco anos sen executar. Demora inxustificada que ningún dos veciños entendemos.
Entendo que se para algo deben servir as festas é para devertirse, partillar con xente que ves ocasionalmente, sentar as familias ao redor dunha mesa, e sobre todo para facer parroquia e sentirse integrado nun grupo que te une por relación de vecindade. Mais desta vez lamentablemente, e debido ás circunstacias relatadas foi máis ben (“un cristo”), todo o contrario. Ahora o que toca é “coser”, facendo un exercicio de empatía, autocrítica e xenerosidade, para restablecer as boas relacións de veciñanza que tod@s estamos desexando. Xa que logo, fago “votos” para que os verdadeiros responsables desta situación poidan volver a vir (tal como aconteceu este ano) a celebrar con tódol@s veciños de Parderrubias en paz e harmonía as festas de Corpus 2026, pero daquela, cos deberes feitos.
Manuel Outumuro Seara (Parderrubias)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
Tiranías
La Región
Escola do rural e infancia
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Gracias por tanto doctor
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El imperialismo contra el derecho
Lo último
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
PRIMERA FEDERACIÓN
Una victoria para terminar el año del Arenteiro