Frustración polas deficiencias

Son un coruñés namorado da Ribeira Sacra, polo que, cando o meu traballo mo permite, fago eventuais xeiras polas terras de Parada do Sil. Non obstante, dun tempo a esa parte, veño experimentando unha recurrente frustración por mor de certas deficiencias materiáis que, ó meu xeito de ver, deberían de estar xa máis que subsanadas.

Comezarei pola cuestión das comunicación. Hai ben anos, cando me enterei de que se estaba a executar un novo acceso desde o Rodicio, sentín unha especial ledicia. Non obstante, na miña última viaxe, ó tentar tirar partido deste novo vial atopeime cunha pista intransitable, ate o punto de verme na obriga de ter que da-la volta desde Medón. Sinceiramente, agardaba que ese problema xa estuvera arranxado.

Na miña opinión, non me cabe ningunha dubida que non únicamente os visitantes de fóra, senon tamén os propios cidadáns da capital (Ourense), botan en falta un acceso máis directo a esta rexión tan fermosa e sobrecolledora.

Tampouco quero deixar sen mención o desagrado que experimentei, noutro momento da miña visita, ó comprobar a insólita suciedade que envilecía inexplicablemente o lustre dun monumento da talla do mosteiro de Santa Cristina. Por non falar do inxustificable, e me atrevo a dicir que intolerable, que resulta que, ás veces -como me sucedeu a min no meu primeiro intento de acceder ó edificio-, se atope pechado dun xeito arbitrario.

Exposto o anterior, tan só me resta despedirme, aproveitando, en primeiro lugar, para darlle os meus parabens por te-lo privilexio de se-lo alcalde dunha terra tan fermosa, e, en segundo termo, expresa-la miña esperanza de que nunha vindeira ocasión tódo-los amigos desta ‘Ribeira’ sen par poidamos congratularnos recíprocamente.

Sen máis, fágolle chegar un cordial saúdo.

Contenido patrocinado

stats